Buscador

Os resultados do “Estudo sobre seguridade en dispositivos móbiles e smartphones” publicado por INTECO confirman que un 98,4% dos enquisados dispoñen dun teléfono móbil, dos cales un 56,2% é propietario dun smarphone. O nivel de penetración de Internet vía móbil sitúase no 71,6% e a dispoñibilidade de conexión wifi no 65,5%. Este feito motiva a realización dunha análise dos riscos e da seguridade dos usuarios de telefonía móbil fronte ás incidencias e ao fraude na Internet.

Tipo de contido: Novas

INTECO publica o “Estudo sobre a protección de datos nas empresas españolas” correspondente ao ano 2012, co obxectivo de establecer un diagnóstico do cumprimento da LOPD nas pequenas e medianas empresas do conxunto do Estado. 

Tipo de contido: Novas

A nota informativa elaborada pola CMT correspondente ao mes de xuño de 2012 confirma que a telefonía móbil perdou 238.428 liñas neste mes. Este feito supón o quinto mes consecutivo de retrocesos, que acumula un total de 1.112.308 liñas menos dende decembro de 2011. Por primeira vez, rexístrase unha caída interanual de liñas móbiles, que acada o -0,9%.

Tipo de contido: Novas

Estes datos, correspondentes ao ano 2012, forman parte do estudo sobre “A Sociedade da Información nas empresas TIC de Galicia” realizado polo Osimga.

Tipo de contido: Novas

A enquisa á poboación sobre a Sociedade da Información en Galicia, elaborada polo OSIMGA durante o ano 2011, facilita os  datos sobre a utilización do ordenador e Internet no traballo.

As actividades informáticas máis desenvolvidas no exercicio profesional son a consulta de operacións varias en Internet (72,8%), a utilización de aplicacións informáticas (67%) e o uso de programas informáticos específicos (65,6%).

Tipo de contido: Novas

O OSIMGA achega os datos sobre a dispoñibilidade de páxina web e a presenza nas redes sociais das empresas TIC de Galicia no ano 2012.
Páxina web
Segundo recolle o estudo “A Sociedade da Información nas empresas TIC de Galicia”, o 68,5% das empresas TIC galegas dispoñen de páxina web, o que supón 5,5 puntos máis que no ano 2010 (63%). O 38,5% delas cumpre coas normas de accesibilidade, o que tamén supón un crecemento superior aos 5 puntos en relación ao ano 2010 (co 33%) .

Tipo de contido: Novas

A nova edición do “Estudo sobre bulos e fraudes na Internet”, elaborado pola Asociación de Internautas, analiza a experiencia e coñecemento dos internautas acerca dos bulos e outros fraudes, na procura de informar aos usuarios e mellorar a seguridade dos datos persoais.

Tipo de contido: Novas

Santiago, 29 de outubro de 2012. No ano 2011 a porcentaxe de concellos que permitían iniciar a tramitación telemática de procedementos administrativos elevouse ao 56%, o que supuxo un incremento de 20 puntos respecto a 2010. É un dos datos destacados do resultados do informe sobre a Administración electrónica nos concellos de Galicia correspondente ao ano 2011 elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Tipo de contido: Novas

No equipamento electrónico dos fogares galegos destaca pola súa universalización o teléfono móbil, aparello que posúe un 90,5% da poboación, co matiz importante de que a dotación de teléfono móbil supera á de telefono fixo en 14,5 puntos porcentuais. Outros aparellos electrónicos como o DVD ou a cámara de fotos dixital son tamén moi frecuentes nos fogares galegos. Pola contra, o sistema domótico e o fax son os equipamentos menos usuais.

Tipo de contido: Novas

A Libre Software World Conference 2012 está concibida como un evento aberto e como fonte de solucións diversas, pero concretas e resolutivas aplicadas a distintos sectores, empresas, institucións e individuos encontrarán nestes dous días de intercambio de coñecemento e experiencias proxectos, avances, casos concretos e foros de discusión creados especialmente para eles sobre a base tecnolóxica máis eficiente do software libre.

Tipo de contido: Novas