Promotores

A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), é a promotora do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga).

A Amtega é o órgano superior da Administración autonómica que ostenta a función do impulso, o asesoramento técnico e o apoio en materia de tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), así como a súa aplicación para a modernización e o fomento da innovación de Galicia en cuestións de desenvolvemento tecnolóxico.

A Amtega, a cargo da estratexia tecnolóxica global da Xunta de Galicia, dirixe de xeito global a aplicación das TIC na Administración autonómica e colabora no impulso da sociedade da información en Galicia.

Estrutura

O Osimga, como órgano asesor, estrutúrase nun pleno e en grupos de traballo técnico. No pleno, ademais da directora da Axencia de Modernización Tecnolóxica, están representados outros departamentos da Administración autonómica, como son as consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de Economía e Industria, e de Facenda, ou o Instituto Galego de Estatística. Ademais, forman parte do pleno, representantes da Administración do Estado, das universidades, da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), da Confederación de Empresarios de Galicia e das organizacións sindicais, así como personalidades de recoñecido prestixio en materia da sociedade da información e da modernización administrativa.