Política de accesibilidade
O portal do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga) foi deseñado co obxectivo de que todas as persoas poidan navegar polos seus contidos sen atopar dificultades no acceso.
A política de accesibilidade aplicada polo Osimga está aliñada coas esixencias do Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.
Cumprimento dos estándares
As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para a Contido Web 2.0 (WCAG 2.0) da Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do nivel A e do nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semiautomática da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.
Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores como Mozilla Firefox, Chrome, Opera, Internet Explorer, Safari etc.
Para a correcta visualización do portal gráfico, cómpre poder executar Javascript.
Data de última revisión
A última revisión manual de accesibilidade deste portal foi realizada con data 16/04/2018
Contacto
A Amtega, na súa procura de mellorar de xeito continuado a accesibilidade deste portal, convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar, ademais de calquera outra suxestión sobre a accesibilidade que estime a través do servizo de atención e contacto Atendémolo/a.