Nun mes comeza a Libre Software World Conference en Santiago de Compostela

Data: 
18/09/2012

A Libre Software World Conference 2012 está concibida como un evento aberto e como fonte de solucións diversas, pero concretas e resolutivas aplicadas a distintos sectores, empresas, institucións e individuos encontrarán nestes dous días de intercambio de coñecemento e experiencias proxectos, avances, casos concretos e foros de discusión creados especialmente para eles sobre a base tecnolóxica máis eficiente do software libre.
Durante dous días, Galicia será o epicentro do Software Libre a través dun dos maiores eventos de difusión con carácter empresarial e profesional celebrados en España.
Algúns dos importantes poñentes xa confirmados son:
Bruce Perens: Creador da definición de Open Source Definition e cofundador xunto con Eric S. Reymond da Open Source Initiative (OSI).
Chris DiBona: Chris DiBona é o Director de Open Source para Google, Mountain View, Ca. Os seus equipos supervisan o cumprimento das licenzas e apoian á comunidade de desenvolvedores en código abierto a través de programas como o Google Summer of Code e por medio da publicación de proyectos de código abierto de software e parches.
Christian Felber: Especialista en economía sustentable e alternativas aos mercados financeiros. Ten desenvolvido un novo modelo internacional: "A economía do ben común".
Corinto Meffe: Director de integración de sistemas no Ministério do Planejamento, Orçamento e Gestão.
Fernando Botelho: Fundador de F123, grupo que deseña proxectos co obxectivo de reducir a pobreza e mellorar o acceso á tecnoloxía.
John Sullivan: activista da liberdade do software, hacker, e escritor. Actualmente é director executivo da Free Software Foundation, onde está traballando dende comezos do ano 2003. Ademais é poñente e webmaster do proxecto GNU.
O resto do programa coñecerase en breve xa que hoxe mesmo, 18 de setembro é o último día para remitir propostas de presentacións que serán rapidamente avaliadas polo comité organizador.
O evento contará con 3 áreas de contido principais:
Empresas: área de contidos dirixida a coñecer como as empresas utilizan o Software Libre e a súa filosofía como base para o desenvolvemento de proxectos, ofrecer un escaparate de produtos e servizos, e facilitar a xeración de networking durante o evento.
Administración pública e institucións: dado o papel clave na implantación do Software Libre que está a xogar a administración pública, ofrecerase un bloque de contidos específico que ofreza un foro de discusión que axude a descubrir como outras institucións están a utilizar o Software Libre, intercambiar ideas sobre os últimos avances en implantacións e analizar o impacto de políticas de adopción en Software Libre.
Cidadanía: Nunha conferencia sobre o Software Libre é moi importante analizar todos os aspectos nos que as persoas poden obter beneficios do Software Libre. Esta área de contidos enfocarase en coñecer as últimas ferramentas de Software Libre, involucrar aos usuarios en grupos e comunidades de desenvolvemento e participar en talleres prácticos de interese.
Se hai algún interesado en participar en calquera destas tres áreas de contido aínda está a tempo de remitir hoxe a súa charla, presentación ou demostración para o que deberán inscribirse no evento como poñentes e seguir os pasos indicados para completar o envío da súa proposta de intervención. 

A asistencia a esta conferencia é de carácter aberto e gratuíto, só é preciso inscribirse antes do 4 de outubro dende a web habilitada aos efectos.
Máis información de evento: programa, inscricións, etc. na seguinte ligazón