A CMT indica que a telefonía móbil perdeu 238.428 liñas no mes de xuño

Data: 
10/09/2012

A nota informativa elaborada pola CMT correspondente ao mes de xuño de 2012 confirma que a telefonía móbil perdou 238.428 liñas neste mes. Este feito supón o quinto mes consecutivo de retrocesos, que acumula un total de 1.112.308 liñas menos dende decembro de 2011. Por primeira vez, rexístrase unha caída interanual de liñas móbiles, que acada o -0,9%.

Así mesmo, retrocede a portabilidade un 13,1% en relación ao mesmo mes do ano anterior. Os dous principais operadores reducen a súa porcentaxe de mercado, mentres que os novos operadores, especialmente os virtuais, suman novas liñas.

A banda larga foi o único segmento do mercado que aumenta a súa base de clientes, con 9.655 liñas. A comercialización da fibra ata o fogar (FTTH) rexistrou un aumento de 11.778 liñas no mes de xuño. O parque total da banda larga supera os 11,3 millóns de liñas, o que supón unha penetración de 24,5 liñas por cada 100 habitantes.

A telefonía fixa segue a tendencia negativa das liñas móbiles, acumulando perdas no primeiro semestre do ano 2012 con 48.514 liñas menos no mes de xuño. Actualmente rexístrase un total de 41,6 liñas fixas por cada 100 habitantes.

Pode acceder á nota mensual da CMT na seguinte ligazón