Buscador

O Observatorio de Administración Electrónica (OBSAE) achega no seu boletín de decembro de 2012 os indicadores correspondentes ao uso, calidade e interoperabilidade dos servizos ofrecidos polas administracións públicas.

Tipo de contido: Novas

O obxectivo “Broadband coverage for all”, establecido para o ano 2013 pola Axenda Dixital para Europa, cumprirase previsiblemente mediante o despregamento de redes fixas e sen fíos, no 97% dos casos, e o restante 3% a través de conexións vía satélite nas zonas máis illadas.

Tipo de contido: Novas

A plataforma de empresas TIC para a mellora da eficiencia enerxética (enerTIC), achega unha listaxe de empresas asociadas que ofrecen solucións en diferentes áreas tecnolóxicas, coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento do potencial de transformación das TIC no ámbito da eficiencia enerxética no conxunto do Estado, en favor dunha economía máis competitiva e sostible acorde cos obxectivos da estratexia europea Energy 2020 no marco da Axenda Dixital para Europa.

Tipo de contido: Novas

A Fundación Telefónica presentou a 13ª edición do seu informe anual “A Sociedade da Información en España”, correspondente ao ano 2012. Entre as principais novidades destaca o nivel de penetración dos dispositivos intelixentes smartphone no conxunto do Estado, que acada no 2012 o 63,2% dos usuarios de telefonía móbil. Este indicador sitúase en valores semellantes aos facilitados por INTECO no último trimestre deste ano, que estimaba que un 60,8% dos usuarios de telefonía móbil en España dispoñen dun smartphone, cun incremento comercial de 4 puntos en relación ao trimestre anterior.

Tipo de contido: Novas

Santiago de Compostela, 22/01/13
A incorporación das TIC entre os autónomos galegos sitúase nun nivel básico, segundo se desprende do informe “A Sociedade da Información e os autónomos. Edición 2012”, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) -adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)- coa colaboración da Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA).

Tipo de contido: Novas

O Networked Society City Index elaborado por Ericsson destaca os efectos positivos das  TIC na innovación, na creación de empresas e no desenvolvemento económico das denominadas “smart cities”. Este índice defende a existencia dunha relación proporcional entre o nivel de consolidación das TIC e a capacidade de utilizalas en beneficio das empresas en 25 grandes cidades do mundo, tendo en conta fundamentalmente as oportunidades para os emprendedores, o acceso aos mercados e o custo das operacións económicas entre as empresas.

Tipo de contido: Novas

As novas prioridades establecidas pola Comisión Europea para este ano destacan a necesidade de investimento en sectores estratéxicos relacionados coas redes europeas dixitais, enerxéticas e loxísticas ilustradas no seguinte vídeo

No tocante ao desenvolvemento da Axenda Dixital para Europa destacan as seguintes iniciativas:

Tipo de contido: Novas

A Confederación Española de Empresas de Tecnoloxías da Información, Comunicacións e Electrónica (CONETIC) sitúa a Galicia e Aragón entre as comunidades autónomas coas maiores retribucións salariais no sector TIC en relación á media estatal. Segundo pode interpretarse no “Estudo retributivo do sector TIC español” correspondente ao ano 2012, esta situación débese en boa medida ao salario dos postos directivos, a diferenza dos demais perfiles que permanecen próximos á media estatal ou mesmo por debaixo.

Tipo de contido: Novas

O informe “A Sociedade da Información e os autónomos de Galicia” correspondente ao ano 2012, achega os principais datos sobre equipamento e uso das TIC por parte dos profesionais autónomos no sector da loxística en Galicia.

Tipo de contido: Novas

META-NET considera que as tecnoloxías da linguaxe poden converter a diversidade idiomática de Europa nunha vantaxe competitiva no horizonte do ano 2020. Así o indica o documento de investigación titulado “Strategic Research Agenda for Multilingual Europe 2020” no que participa o Grupo de Tecnoloxías Multimedia da Universidade de Vigo.

Tipo de contido: Novas