O Observatorio de Administración Electrónica (OBSAE) achega no seu boletín de decembro de 2012 os indicadores correspondentes ao uso, calidade e interoperabilidade dos servizos ofrecidos polas administracións públicas.
Os datos actualizados recollen principalmente o incremento da interacción entre as administracións e a cidadanía. O volume de direccións electrónicas habilitadas para enviar notificacións aos usuarios ascende a 719.152 en decembro de 2012, fronte ás 362.554 de 2011. Proporcionalmente, triplícase o número de notificacións electrónicas realizadas neste período e consolídanse os dispositivos de identificación dos usuarios, con máis de 30 millóns de DNI electrónicos emitidos na actualidade segundo indica o Ministerio de Interior.
OBSAE facilita a través do Portal da Administración Electrónica (PAe) información actualizada das iniciativas, entidades e proxectos relacionados coa e-Administración a nivel estatal, autonómico e local. Neste senso, en decembro de 2012 estímase que un 45% dos concellos españois están conectados á Rede de Comunicacións das Administración Públicas, cun nivel de cobertura de poboación do 90%, 5 puntos máis que no ano 2011.
Pode consultarse o boletín do OBSAE na seguinte ligazón