CONETIC estima que o salario medio no sector TIC en Galicia supera en máis dun 20% a media estatal

Data: 
30/01/2013

A Confederación Española de Empresas de Tecnoloxías da Información, Comunicacións e Electrónica (CONETIC) sitúa a Galicia e Aragón entre as comunidades autónomas coas maiores retribucións salariais no sector TIC en relación á media estatal. Segundo pode interpretarse no “Estudo retributivo do sector TIC español” correspondente ao ano 2012, esta situación débese en boa medida ao salario dos postos directivos, a diferenza dos demais perfiles que permanecen próximos á media estatal ou mesmo por debaixo.

O estudo elaborado por CONETIC mostra a evolución do conxunto do sector a nivel estatal ata o ano 2012, destacando o incremento no volume de empresas especializadas nas Telecomunicacións por satélite e as conexións inalámbricas, que aumentaron un 25% e un 11% respectivamente dende o ano 2008.
 
O desenvolvemento do “cloud computing” no conxunto de Estado representa unha das oportunidades de negocio con maior produtividade no futuro. CONETIC estima que no 2012 o volume de facturación do “cloud” superou os 1.870 millóns de euros e supuxo unha nova fonte de xeración de emprego. 

Pode consultarse o informe completo na seguinte ligazón