O Networked Society City Index elaborado por Ericsson destaca os efectos positivos das TIC na innovación, na creación de empresas e no desenvolvemento económico das denominadas “smart cities”. Este índice defende a existencia dunha relación proporcional entre o nivel de consolidación das TIC e a capacidade de utilizalas en beneficio das empresas en 25 grandes cidades do mundo, tendo en conta fundamentalmente as oportunidades para os emprendedores, o acceso aos mercados e o custo das operacións económicas entre as empresas.
O informe estima que por cada punto porcentual de incremento no nivel de penetración da banda larga rexístranse un 3,8% máis de novas empresas nas cidades obxecto de estudo. Así mesmo, tamén considera que por cada 1.000 novas contratacións de conexión a Internet créanse 80 novos postos de traballo nestas cidades, se ben non indica a posible destrución de emprego noutros ámbitos como consecuencia da tecnoloxía.
A eficiencia enerxética e a redución das emisións de CO2 nas grandes cidades son outros dos beneficios apuntados nesta terceira edición do informe.
Pode consultarse o documento completo na seguinte ligazón