Fogares

Máis do 64% dos galegos e galegas dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas

  • Nos dous últimos anos, Galicia creceu 2,5 puntos neste indicador, fronte aos 2 puntos do conxunto do estado.
  • Máis do 92% dos galegos e galegas emprega internet e o 51% realiza compras online
  • O 76,9% dos galegos utilizan a banca por Internet, cinco puntos máis que o ano anterior  
  • O 83,5% dos internautas de 16 a 74 empregaron algunha páxina web ou apps das administracións públicas nos 12 últimos meses por motivos particulares, superando así a media estatal en medio punto

Nove de cada dez menores galegos de 5 a 15 anos acceden a internet

  • No tramo de idade de 10 a 15 anos o acceso a internet supera o 97% 
  • O acceso ao teléfono móbil sitúase en torno ao 19% entre nenos e nenas de 5 a 9 anos e roza o 70% no tramo de 10 a 15 anos
  • Preto do 88% dos rapaces e rapazas galegas de 5 a 15 anos empregan tablets e ordenadores
  • Os fogares con estudantes en idades escolar superan en máis de 20 puntos ao resto en equipamento equipamento tecnolóxico

A porcentaxe de fogares galegos con internet volveu a crecer en 2022 ata alcanzar o 92,7%

  • A velocidade de conexión supera os 100 Mbps no 45,4% dos fogares galegos con internet, o que significou un aumento do 51,3% no último ano.
  • Máis de 1,75 millóns de persoas de entre 16 e 74 anos utilizaron Internet nos últimos 3 meses, unha suba de 68.052 internautas nos últimos catro anos
  • O 83,8% da poboación que precisou facer xestións administrativas fíxoo por internet
  • O 60,7% das persoas compraron por Internet, o que implica un crecemento do 16,7% dende 2019

O observatorio da Sociedade da Información analizará o nivel de dixitalización das persoas maiores e o uso do galego nas TIC

  • Son os novos informes que publicará o OSIMGA ao longo desta anualidade
  • O director da Axencia para a Modernización tecnolóxica presidiu esta semana o pleno anual do Observatorio, no que se deu a coñecer o seu plan de traballo 2023
  • Ademais, o organismo contará con novas ferramentas dixitais e audiovisuais de consulta e difusión de datos

O uso da rede entre as persoas de 65 aos 74 anos crece o dobre da media estatal e supera o 70 %

  • Os galegos de 16 a 34 anos superan a media estatal no uso habitual da rede e nas compras online
  • Galicia ocupa a sétima posición na concertación de citas sanitarias por internet e supera en dous puntos a media estatal no emprego da banca online
  • Crece o uso das canles dixitais coa Administración, que empregaron o 83,8 % dos internautas galegos no último ano

Os galegos e galegas de 16 a 34 anos superan a media estatal no uso de internet e do comercio electrónico

  • Cómpre destacar o crecemento no acceso á rede das persoas de entre 64 e 74 anos, que supera o 70%, e crece o dobre que a media estatal no último ano
  • Galicia ocupa a sétima posición na concertación e citas sanitarias por internet e supera en dous puntos a media estatal no emprego da banca online
  • Crece o uso das canles dixitais coa Administración, que empregaron o 83,8% dos internautas galegos e galegas  no último ano.

A porcentaxe de galegos con competencias dixitais básicas ou avanzadas crece máis dun 18% nun ano e supera o 61%

  • Galicia supera a media europea de competencias dixitais nas cinco dimensións que se miden e reduce a distancia coa media estatal en todas no último ano
  • O 84,7% dos galegos de 16 a 74 anos posúen competencias dixitais básicas ou avanzadas en materia de información, máis de 4 puntos por riba da media europea
  • As capacidades dixitais relacionadas coa comunicación e colaboración son as máis estendidas entre a poboación galega cun 88,6%, 2,6 puntos por riba da media europea (86%)
Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades