Fogares

O uso de internet é practicamente universal en Galicia en persoas de ata 45 anos e, a partir desa idade, o uso das mulleres supera ao dos homes

  • O 91,7% das mulleres galegas declara que utilizou a rede nos últimos tres meses, fronte ao 91,3 dos homes
  • O 93,1% das mulleres usaron dispositivos electrónicos conectables a internet, unha porcentaxe que tamén é superior ao do seu uso por parte dos homes
  • Tamén utilizan máis o comercio electrónico ata os 44 anos, pero a partir desa idade cambia a tendencia

A contratación de internet de banda larga no rural de Galicia creceu máis dun 30% dende 2016 e supera xa o 90% dos fogares

  • A práctica totalidade (99,9%) dos fogares con estudantes dispoñen deste servizo e a porcentaxe baixa ata o 74,3% nos fogares nos que vive unha soa persoa
  • O Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA) publica o informe sobre a “Modernización tecnolóxica no rural”
  • O uso de dispositivos electrónicos supera o 95% en todos os tramos de idade entre 16 e 54 anos, e baixa ao 60,4% no caso das persoas de entre 65 e 74 anos

Máis do 92% dos galegos e galegas emprega internet e máis da metade compra online

  • Oito de cada dez galegos utiliza a banca electrónica, superando en tres puntos a media estatal 
  • Máis do 80% dos fogares galegos dispoñen de ordenador, o que reduce a fenda coa media estatal de 10 puntos a 2,6 en só catro anos
  • Os fogares galegos con conexión a internet superan o 95% e sitúanse a menos de dous puntos da media estatal 

Sete de cada dez galegos maiores de 65 anos navegan por internet

  • Máis de 54.300 persoas maiores incorporáronse ao uso de internet entre 2021 e 2023 
  • Preto do 20% das persoas maiores de 65 xa empregan o comercio online
  • Máis do 43% dos maiores de 65 anos que usan internet, empregan a administración electrónica
  • Máis do 55% dos internautas de 65 a 74 anos e o 41% dos maiores de 74 anos fan xestións a través da banca electrónica 

A contratación de internet crece en tres anos máis dun 20% nos concellos galegos de menos de 5.000 habitantes

  • A porcentaxe de fogares con este servizo contratado nestes municipios roza o 90%, aproximándose ao 94,3% da media galega
  • O uso de internet entre as persoas de 65 a 74 anos increméntase en máis dun 27% entre 2020 e 2023
  • Preto de 64% dos galegos e galegos merca online e máis do 78% dos internautas empregan a banca electrónica 

Preto de 10.000 persoas maiores de 75 anos incorpóranse ao uso de internet en Galicia en só un ano

  • Entre 2021 e 2022 rexistrouse un incremento de internautas deste tramo de idade superior ao 15%, o máis elevado nese período de tempo
  • Ademais, seis de cada dez persoas de 65 a 74 anos usan internet en Galicia 
  • A mensaxería instantánea é empregada por preto do 94% dos internautas de entre 65 a 74 anos e por máis dun 89% dos maiores de 74 anos
  • Máis do 45% das persoas maiores de 65 anos que utilizan internet fan xestións online coas administracións públicas 

Os galegos e galegas de 16 a 44 anos superan a media estatal en competencias dixitais básicas e avanzadas

  • Á cabeza está o grupo de idade de 25 a 34 anos, no que a porcentaxe de capacitación dixital sitúase no 93,2%, 11 puntos máis que a media estatal 
  • O 64,1% dos galegos ten competencias dixitais básicas e avanzadas, 8,5  puntos por riba da a media europea e a só 2,1 puntos da media estatal  
  • O 36% da poboación de Galicia dispón dun nivel avanzado de competencias dixitais en todas as áreas: acceso á información, comunicación, creación de contidos, resolución de problemas e seguridade

Máis da metade da poboación de Galicia declara que sufriu un incidente de ciberseguridade no último ano

  • O Observatorio da Sociedade da Información e Modernización publica o seu informe anual sobre “O estado da Ciberseguridade en Galicia”
  • Máis do 70% das persoas consultadas asegura ter coñecementos sobre a información que comparte en internet e un 42% denega permisos para usar datos con fins publicitarios
  • Un 5% das empresas de menos de 10 persoas empregadas tivo algún ciberincidente e a porcentaxe elévase ao 16% no caso das empresas de maior tamaño

As mulleres de Galicia de entre 35 e 64 anos utilizan máis as tecnoloxías que os homes

  • O 89,1% das mulleres galegas declara usar internet, fronte ao 89,5% dos homes, que só as superan de xeito significativo a partir dos 65 anos
  • As mulleres son tamén as que máis usan internet en formularios e tramitacións on-line da Administración electrónica, así como para participar en redes sociais, educación e actividades relacionadas coa saúde
  • A fenda de xénero aínda é detectable no caso de actividades relacionadas co software, como instalalo, descargalo, configuralo ou transferir arquivos
Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades