Nove de cada dez menores galegos de 5 a 15 anos acceden a internet

Data: 
29/09/2023
  • No tramo de idade de 10 a 15 anos o acceso a internet supera o 97% 
  • O acceso ao teléfono móbil sitúase en torno ao 19% entre nenos e nenas de 5 a 9 anos e roza o 70% no tramo de 10 a 15 anos
  • Preto do 88% dos rapaces e rapazas galegas de 5 a 15 anos empregan tablets e ordenadores
  • Os fogares con estudantes en idades escolar superan en máis de 20 puntos ao resto en equipamento equipamento tecnolóxico
  • Preto do 84% da mocidade de 16 a 34 anos realiza compras por internet, co que supera en máis de 30 puntos á poboación de 35 a 74
  • Máis do 85% da mocidade é usuaria da administración dixital porque xa obtivo información de webs das administracións, descargou formularios oficiais ou enviou formularios oficiais cubertos
  • Máis do 70% da mocidade sufriu incidentes de ciberseguridade, a pesares de adoptar moitas máis medidas de protección que o resto da poboación

Máis dun 89% de nenas e nenos galegos de 5 a 15 anos accederon algunha vez a internet e  preto dun 89% fíxoo nos tres últimos meses, acadando o 97,2% entre os 10 e os 15 anos. O 54,2% dos nenos e nenas de 5 a 15 anos que usan internet, xa navegan a diario varias veces por internet e preto do 74% navegan 5 días ou máis á semana.

Son parte dos datos do estudo “Rapaciñ@ dixitais. Edición 2022” elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Os datos proceden da Enquisa Estrutural aos Fogares que realiza o IGE, que cede os datos a OSIMGA en virtude do acordo de colaboración.

O estudo sinala que o 87,6% dos nenos e nenas galegos de 5 a 15 anos emprega tablets ou ordenadores, unha porcentaxe de case o 97% entre os de 10 e 15 anos. Respecto ao uso do teléfono móbil, a porcentaxe é do 48% dos 5 aos 15 anos. Entre os 5 e 9 anos, preto do 19% dos nenos e nenas xa ten acceso ao teléfono ao móbil e entre os 10 aos 15 a cifra roza o 70%.

Uso de internet

En canto ao uso da rede, arredor  de 7 de cada 10 nen@s desenvolver actividades de entretemento como ver vídeos (72,7%), participar en xogos on line (72,4%) ou escoitar música (66%).

Nestas idades as diferenzas de xénero son mínimas. No uso dos teléfonos, as rapazas superan aos rapaces en  3,3 puntos e no acceso á rede os rapaces de 5 a 9 anos acceden a internet 4 puntos máis que ás rapazas, pero iguálanse do 10 aos 15 anos.

Todas as actividades realizadas por internet que se analizan, son máis desenvolvidas polas rapazas, a excepción de “xogar ou descargar xogos”, onde os rapaces superan en 12,7 puntos porcentuais ás rapazas.

Equipamentos nos fogares estudantes en idade escolar obrigatoria

Os fogares con estudantes en idade escolar obrigatoria superan ata en máis de 20 puntos ao resto de fogares en dispoñibilidade de ordenadores portátiles, tablets, videoconsolas e smart tv.

A maior diferenza nos equipamentos do fogar, de 30,2 puntos porcentuais, está na presenza de tablets, netbooks e outros dispositivos portátiles diferentes aos ordenadores e smartphones (67,6% fronte 36,4%). Tamén a consola de xogos con capacidade de acceso a Internet triplícase nos fogares con nenos e nenas de  5 a 15 anos respecto aos que non os hai (44,6% e 14,4%). Igualmente, hai máis de 20 puntos de diferenza na dispoñibilidade de ordenadores portátiles e de  smart TV.

O acceso a Internet contratado esténdese a case a totalidade dos fogares onde residen nenos e nenas en idade escolar obrigatoria, acadando o 99,7% e superando así en 9,1 puntos aos fogares sen menores.

Mocidade

O estudo sinala que preto do 84% da mocidade de 16 a 34 anos realiza compras por internet, superando supera en máis de 30 puntos á media da poboación de 35 a 74. Por tipos de compra, a mocidade sobresae por enriba da media nos apartados de “compra de roupa” e “servizos de restaurantes e comida a domicilio”.

A excepción das actividades relacionadas coa saúde e banca electrónica, onde os maiores de 35 anos participan en maior medida, os moz@s internautas son máis activos na rede. As maiores diferencias localízanse en actividades  coma “colgar contidos propios a través dunha páxina web ou app compartidos”, “copiar, mover ou almacenar ficheiros na nube”, onde @s moz@s superan en máis 25 puntos porcentuais á poboación xeral.

Os internautas galegos de 16 a 34 anos superan en máis de 10 puntos porcentuais o uso da administración electrónica respecto dos demais rangos de idade. Máis do 85% xa obtiveron información de webs de administracións públicas, descargaron formularios oficiais e enviaron formularios oficiais cubertos.

A pesares de aplicar máis medidas de seguridade, a porcentaxe de mozas e mozos que sufriron incidentes de ciberseguridade (70,6%) é case o dobre que o resto da poboación (36,4%). A mocidade achega moita máis información persoal á rede que o resto da poboación pero tamén incrementa o uso de todas as medidas de seguridade dispoñibles.

Os resultados detallados do informe “Rapaciñ@s dixitais. Edición 2022” poden ser consultados en OSIMGA.GAL.