Galicia dixital. Tecnoloxías disruptivas no sector TIC. 2024

Fonte
OSIMGA
Data
2025
portada informe disruptivas 2025


O informe das tecnoloxías disruptivas no sector TIC galego contén unha análise exhaustiva e evolutiva das tecnoloxías disruptivas no tecido empresarial TIC galego. É unha ampliación informe do sector TIC, detallando e desagregando todos os indicadores de tecnoloxías disruptivas no sector TIC.

Resultados máis destacados

Cada vez máis empresas do sector TIC están a adoptar a IA como unha ferramenta estratéxica. O 38,3% das empresas TIC galegas xa utilizan ou ofrecen esta tecnoloxía (+29,8% respecto ao 2023).

Consolídase o uso da Internet das Cousas, que segue a incrementar a súa presenza nas TIC galegas acadando o 36,6% (+0,3% respecto ao ano anterior).

O 35% das empresas TIC utilizaron Instrumentos baseados no Big Data durante o 2024 manténdose estable o seu uso respecto ao ano anterior.

O 6,5% das empresas TIC galegas utilizaban a robótica, incrementando lentamente a súa presenza no sector TIC galego. Segundo a tipoloxía da tecnoloxía robótica que empregan as empresas do sector TIC, o 22,5% das empresas utilizan robots industriais e 35,2% robots de servizos.

O 40,2% das empresas TIC utilizaron ou comerciaron con instrumentos baseados Blockchain durante o 2024, cunha tendencia ascendente continuada, ao crecer nun 46,7% no último ano e máis do 250% dende 2020. No último ano ascende dende o sétimo ao segundo lugar entre as tecnoloxías analizadas.

O 22,6% das empresas do sector TIC galego utilizaron tecnoloxía que incluía xemelgos dixitais ou simulación, para uso propio ou para vendelo, que só era 10% en 2020.

O 36,4% das empresas TIC utilizaron ou venderon servizos relacionados cos chatbots durante o 2024, cunha tendencia ascendente do 10% no último ano e do 118% dende 2020. 

O 25,5% das empresas TIC utilizaron ou comerciaron coa tecnoloxía da realidade virtual ou telepresenza en 2024, que crece un 78,3% dende 2020.

O 48,6% das empresas TIC utilizaron Instrumentos baseados en Business Intelligence durante o 2024, sendo a tecnoloxía disruptiva máis destacada por primeira vez. Crece un 36,5% no último ano, o 86,9% dende 2020.

O 26,5% das empresas TIC utilizaron ou venderon produtos ou servizos de impresión 3D, que case se triplica no último ano.
 

Documentos

Categoría
Sector TIC
Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades