A edición 2026 do informe do Hipersector TIC achega unha caracterización actualizada do Hipersector TIC na Comunidade Galega
O Hipersector TIC comprende o sector TIC e o de contidos e servizos audiovisuais. Xoga un papel importante no terreo da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico, ao ser provedor e demandante dos servizos e produtos tecnolóxicos avanzados. É un dos principais motores económicos e tecnolóxicos do país e contribúe a transformar a forma en que operan as empresas e o xeito en que as persoas se relacionan coa tecnoloxía.
A elaboración deste informe é posible grazas á colaboración do Instituto Galego de Estatística, en virtude do convenio de colaboración asinado coa Amtega, que achega os datos necesarios para a súa elaboración. Tamén achegou información o INE e a Oficina Española de Patentes e Marcas. Tamén se nutre de información procedente da enquisa ás empresas TIC, que realiza OSIMGA e datos secundarios publicados por INE, IGE e EUROSTAT.
Peso do Hipersector TIC na economía galega
O valor engadido bruto (VEB) do Hipersector TIC galego aumentou un 8,2% no último ano, ao crecer máis de 270 millóns.
No sector TIC, o VEB achégase aos 2.000 millóns de euros, cun crecemento do 9,6% no último ano, aumentando en máis de 170 millóns de euros. O sector contidos permanece practicamente nas mesmas cifras do ano anterior cun valor engadido bruto de 284.313 euros.
Exportacións
No ano 2024, as exportacións do Hipersector TIC superan por primeira vez os 200 millóns de euros.
As exportacións do subsector TIC creceron nun 56,3% no 2024. En termos absolutos destacan as actividades informáticas coma “Fabricación de equipos de telecomunicacións” (+38,12 millóns), “Fabricación de compoñentes electrónicos” (+11,81 millóns) e “Fabricación de produtos electrónicos de consumo” (+10,96 millóns). En canto ao sector contidos, a actividade que máis aumenta a facturación é “Edicións de libros”.
Innovación
O gasto en innovación no Hipersector TIC galego ascendeu en 2024 a máis de 193 millóns de euros e aumenta en case 30 millóns (+17,5%). Este dato inclúe o investimento en Galicia, sen ter en conta a sede social da empresa.
As empresas do Hipersector TIC con sede en Galicia gastaron case 111 millóns en I+D en 2024, 20 millóns máis ca en 2022.