O informe “Galicia. A nosa vida en dixital. 2025” constata a diminución da fenda dixital por idade na Comunidade, onde máis do 77% dos galegos e galegas maiores de 65 anos usan a rede
O 94,3% da poboación galega de 16 a 74 anos utilizou Internet nos últimos tres meses, superando os 1,8 millóns de internautas e sumando 127.429 novos usuarios desde 2021
O 95,7% dos fogares galegos contan con Internet contratado, o que supón a incorporación de 57.843 fogares desde 2021
A porcentaxe de galegos e galegas con este nivel de coñecementos e habilidades dixitais creceu máis dun 4% no último ano
Galicia sitúase por riba da media europea en varios ámbitos da capacitación dixital como a comunicación, información, resolución de problemas e seguridade
A Xunta de Galicia emitiu en 2025 máis de 42.400 certificados de capacitación dixital
As persoas egresadas en Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría ou Matemáticas presentan taxas de ocupación dous puntos por riba da media rexistrada no Sistema Universitario Galego
O tempo medio para atopar un traballo destes titulados é de 4,2 meses fronte aos 6,5 dos que completaron outros estudos
Máis do 80% dos contratos das persoas tituladas en STEM é indefinido aos cinco anos de rematar os estudos
Tres de cada catro empresas TIC declaran dificultades para contratar perfís cualificados.
Máis do 95% das persoas do rural de entre 16 e 54 anos utilizan dispositivos electrónicos e a porcentaxe é do 74,7% no caso das persoas de entre 65 e 74 anos
Practicamente todas as persoas de estas zonas de entre 16 e 54 anos usan internet
Preto do 95% das persoas de mediana idade (25-34 anos) mercan a través de comercio electrónico
O 94,8% destes fogares conta con ordenador e un 65% dispón de tablets, netbooks e outros dispositivos portátiles, 30 puntos por riba que os fogares sen escolares
Descende sete puntos o uso de dispositivos dixitais entre os nenos e nenas de 5 a 15 anos, que se sitúa no 84,5%
Galicia ocupa o segundo lugar en porcentaxe de centros que utilizan plataformas virtuais de aprendizaxe, superando a media estatal en 17,3 puntos porcentuais.