Obxectivos do informe
- Presentación de datos actualizados sobre a presenza das mulleres galegas no Hipersector TIC, en xeral, e no Sector TIC e Sector Contidos, en particular.
- Identificar as súas funcións e roles no cadro de persoal das empresas.
- Analizar o nivel de formación das mulleres galegas nas empresas TIC
Fontes de información
- Enquisa sobre a Sociedade da Información nas empresas TIC galegas.
- Afiliacións e contas de cotización proporcionados polo IGE ao OSIMGA, procedentes da Seguridade Social.
Resumo do informe
No 2024, 9.768 mulleres ocuparon postos de traballo en empresas do Hipersector TIC galego, o que representa o 33,6% dos empregos.
No Sector Contidos, as mulleres contan cunha maior representación, 44%, o que reduce a fenda de xénero a 12 puntos porcentuais.
Aumenta o peso da muller no emprego tecnólogo, tanto no sector TIC (unha décima) coma no dos contidos (8 décimas).
O Sector TIC rexistrou 7.291 mulleres afiliadas á Seguridade Social, o que supón o 31,1% dos traballadores/as do sector, no ano 2024.
O maior número de mulleres traballadoras no Sector TIC rexístrase en empresas dedicadas ás Actividades informáticas. Neste subsector empregáronse 4.988 traballadoras no ano 2024 (+5,2% respecto ao ano anterior).
No Sector Contidos o número de mulleres traballadoras acada no 2024 as 2.477, o que supón un incremento do 1,9% dende o 2023.
A evolución da presenza da muller no subsector contidos aumenta no último ano case un punto ata 44% tras permanecer moi estable arredor do 41,5% dende 2015.
A actividade onde as mulleres contan con maior presenza é “Medios de información” (44,6%).
O 29,4% dos homes e o 10,6% das mulleres que traballan no sector TIC en Galicia posúen algún tipo de Titulación Universitaria STEM, o que supón unha fenda de xénero de 18,8 puntos porcentuais.
En canto aos roles nas empresas, a muller segue a estar infrarrepresentada nos postos de liderado, pero sobre todo nos postos técnicos, os máis numerosos na empresa. O 55,3% do persoal son homes en tarefas técnicas, por só o 18,1% de mulleres técnicas