Buscador

A edición “Navegantes en la Red” celebra o seu 15º aniversario cun novo estudo sobre o uso da Internet en España. A enquisa realizada pola Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) amosa o comportamento e as tendencias dos usuarios na Internet dende o ano 1996.

AIMC presenta unha análise comparativa deste período, no que estima que o acceso a Internet acada o 60,4% no conxunto do Estado en 2011, cun rápido e progresivo aumento dende o ano 1996 cando só o 1% dos enquisados maiores de 14 anos recoñecían ter acceso á Rede.

Tipo de contido: Novas

INTECO analiza a percepción dos usuarios sobre a privacidade dos seus datos persoais nas redes sociais e nos buscadores da Internet.

O estudo destaca que o 87,2% dos enquisados dispoñen dun perfil nas redes sociais. No 91,8% dos casos son mulleres e no 83% homes, o que contrasta coa existencia dunha fenda dixital de xénero noutros ámbitos da Sociedade da Información. O colectivo que utiliza con maior intensidade este tipo de plataformas é a mocidade, un 95,4% dos mozos e mozas de entre 15 e 24 anos teñen un perfil nalgunha rede social.

Tipo de contido: Novas

No gráfico que divide as provincias segundo a cobertura en 4 tramos: alto, medio-alto, medio-baixo e baixo, obsérvase que Pontevedra é unha das 3 provincias con maior cobertura do España,  catro puntos por riba da media estatal e ningunha das outras provincias galegas está no tramo más baixo.

Tipo de contido: Novas

O estudo “Medición de la Sociedad de la Información” publicado pola Unión Internacional de Telecomunicaciones (UIT) identifica un crecemento internacional constante do sector das TIC e de todos os indicadores clave da Sociedade da Información no período 2010 – 2011, agás na telefonía fixa que reduce sensiblemente o seu nivel de penetración ata o 15,7%.

Tipo de contido: Novas

No ano 2011 o mercado B2C no conxunto do Estado medrou un 19,8% en relación ao exercicio anterior, acadando os 10.917 millóns de euros, o que supón á súa vez 2,4 puntos máis que entre o 2009 e o 2010.

O gasto medio anual dos usuarios de Internet que realizaron compras online situouse nos 828 euros no ano 2011, mentres que no ano 2010 este valor acadaba os 831 euros. Este descenso no gasto medio foi compensado co incremento de máis dun 20 puntos na porcentaxe de compradores online sobre o total de usuarios de Internet, pasando do 43,1% de 2010 ao 50,7% de 2011.

Tipo de contido: Novas

O Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI) presentou o Informe Anual do Sector TIC e dos Contidos, co obxectivo de coñecer a situación actual e a evolución das principais características estruturais e económicas do sector no conxunto do Estado no ano 2011. O informe presenta indicadores da fabricación de produtos tecnolóxicos, a comercialización, as actividades informáticas, as telecomunicacións e os contidos a partir dunha enquisa realizada a 2.420 empresas españolas.

Tipo de contido: Novas

O ONTSI achega unha nova actualización dos indicadores destacados da Sociedade da Información. Entre as principais novidades destaca que o mercado B2C no conxunto do Estado no 2011 medrou un 19,8% en relación ao 2010, o que supón 2,4 puntos máis que no exercicio anterior.

Tipo de contido: Novas

Eurostat publica un informe sobre o uso das TIC nas empresas de 10 ou máis traballadores nos 27 Estados membros da Unión Europea no 2012. Os indicadores analizados son a accesibilidade a Internet, as conexións a través de banda larga, a dispoñibilidade de páxina web e de aparatos portátiles para conexión móbil.

Tipo de contido: Novas

O estudo “TIC y Mayores, conectados al futuro”, publicado pola Fundación Vodafone, trata de efectuar unha proxección de cómo será a relación dos maiores coa tecnoloxía dentro de 8 anos. Coa finalidade de acadar este obxectivo, o estudo cuantifica a potencialidade actual dos usuarios de telefonía móbil e Internet.

Tipo de contido: Novas

Eurostat publica o informe sobre o uso de Internet en fogares correspondente ao ano 2012, onde destaca a evolución positiva dos indicadores de accesibilidade móbil e de conectividade a través de banda larga nos 27 Estados membros da Unión Europea.

Tipo de contido: Novas