INTECO publica un estudo sobre a privacidade nas redes sociais

Data: 
12/12/2012

INTECO analiza a percepción dos usuarios sobre a privacidade dos seus datos persoais nas redes sociais e nos buscadores da Internet.

O estudo destaca que o 87,2% dos enquisados dispoñen dun perfil nas redes sociais. No 91,8% dos casos son mulleres e no 83% homes, o que contrasta coa existencia dunha fenda dixital de xénero noutros ámbitos da Sociedade da Información. O colectivo que utiliza con maior intensidade este tipo de plataformas é a mocidade, un 95,4% dos mozos e mozas de entre 15 e 24 anos teñen un perfil nalgunha rede social.

A vulnerabilidade dos usuarios máis novos e os riscos de publicar información persoal e imaxes require dunha reflexión sobre os niveis de privacidade. Neste senso, o colectivo feminino adoita establecer configuracións restritivas ou privadas (no 68,7% dos casos) con maior frecuencia que os homes (o 59,4%). En termos xerais, un 64,1% dos usuarios establece unha configuración privada mentres un 9,2% opta por facer pública toda a información do seu perfil.

O 42,5% dos usuarios considera que é difícil configurar a privacidade do perfil nas redes sociais e o 7,2% non foi capaz de configuralo. Por este e outros motivos, INTECO achega algunhas recomendacións dirixidas a garantir aos usuarios o control do tratamento dos seus datos e contidos publicados na Internet, dirixidas especialmente aos menores de idade. 

Pode consultarse o estudo completo na seguinte ligazón