AIMC indica que o uso de Internet aumentou 60 puntos porcentuais en quince anos

Data: 
24/10/2012

A edición “Navegantes en la Red” celebra o seu 15º aniversario cun novo estudo sobre o uso da Internet en España. A enquisa realizada pola Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) amosa o comportamento e as tendencias dos usuarios na Internet dende o ano 1996.

AIMC presenta unha análise comparativa deste período, no que estima que o acceso a Internet acada o 60,4% no conxunto do Estado en 2011, cun rápido e progresivo aumento dende o ano 1996 cando só o 1% dos enquisados maiores de 14 anos recoñecían ter acceso á Rede.

Fai quince anos o 39% dos enquisados por AIMC accedía ao entorno online varias veces ao día, fronte ao 83% do 2011. O uso do correo electrónico incrementouse en 14,6 puntos, pasando do 79,8% ao 94,4% no 2011 entre os usuarios da Internet.

No ano 1996 un 19% dos internautas utilizaban o comercio electrónico, fronte ao 87% no 2011, o que supón un incremento de 68 puntos porcentuais nestes quince anos.

A participación dos usuarios nas redes sociais marca as novas tendencias na Rede, e destaca que un 68,4% utiliza diariamente as redes sociais. Entre as principais novidades tamén se atopan o uso e descarga de aplicacións en teléfonos móbiles e tablets, a utilización de códigos QR, o Cloud Computing e a prensa online.

AIMC comunica que todos os resultados da enquisa do ano 2012 estarán dispoñibles a principios do vindeiro ano 2013 na súa web http://www.aimc.es

Pódese ver a presentación da análise comparativa na seguinte ligazón