Estatísticas

O Sistema de Indicadores da Sociedade da Información de Galicia é un conxunto de indicadores estatísticos que permite facer seguimento, dun xeito sintético, rigoroso e transparente, evolución da sociedade da información en Galicia, ofrecendo unha visión de conxunto da situación e do seu grao de avance.

Este modelo de indicadores elaborouse no marco do IV Plan galego de estatística 2012-2016 e toma como referencia as recomendacións establecidas no código de boas prácticas das estatísticas europeas.

O sistema de indicadores ofrece información referente ao nivel de equipamento e utilización de produtos e servizos TIC por parte da poboación e as empresas galegas e realiza ademais un tratamento específico do sector galego das tecnoloxías da información e das comunicacións (sector TIC), así como un seguimento da Administración electrónica en Galicia.