Pontevedra entre as tres provincias con maior cobertura 3G no conxunto do Estado

Data: 
30/10/2012

No gráfico que divide as provincias segundo a cobertura en 4 tramos: alto, medio-alto, medio-baixo e baixo, obsérvase que Pontevedra é unha das 3 provincias con maior cobertura do España,  catro puntos por riba da media estatal e ningunha das outras provincias galegas está no tramo más baixo.

Os datos publicados no último informe Anual da CMT confirman que o 98,9% da poboación dispón de acceso á rede 3G na provincia de Pontevedra, na provincia de A Coruña o nivel de cobertura das redes de terceira xeración acada o 93,4%, en Ourense o 91,9% e en Lugo o 87,2%. A CMT estima que os maiores niveis de cobertura localízanse nas áreas con maior concentración urbana, principalmente nas cidades e na súa contorna.
A provincia con maior cobertura do Estado é Madrid co 99,6%, a peor Teruel co 71,4 e a media estatal sitúase no 94,8%.
Pódese consultar o gráfico na seguinte localización
http://blogcmt.com/2012/10/25/mapa-de-la-cobertura-3g-en-espana/
e visualizar a localización das antenas de telefonía dos operadores GSM e 3G/UMTS na seguinte aplicación:
http://geoportal.mityc.es/visorCartografico/index.jsp