O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga) ten entre as súas funcións:
- Desenvolver ou promover compilacións, estudos e análises de datos que permitan coñecer, cunha visión global, o nivel de desenvolvemento, a tendencia e os posibles problemas que lle afecten á extensión da sociedade da información en Galicia e á aplicación do modelo de eGoberno nas Administracións públicas galegas.
- Facilitar análises comparativas e aliñacións de datos con outros marcos xeográficos.
- Promover o intercambio de experiencias e información entre administracións, e con outros observatorios, organismos ou entidades.
- Impulsar a organización de eventos formativos, reunións de especialistas ou grupos de traballo.
- Promover e xestionar a elaboración e a difusión de publicacións técnicas, impresas ou electrónicas, específicas e monográficas ou de publicación periódica.
- Xestionar e ofrecer periodicamente e, como mínimo, a través dunha web específica, información sobre o nivel de desenvolvemento da sociedade da información en Galicia, eventos formativos, noticias de actualidade ou ligazóns con outras fontes de información, observatorios ou entidades.
- Elaborar e presentar publicamente informes que reflictan a situación ou a evolución prevista.
- Facilitarlles datos a outros organismos e entidades con competencias específicas na materia.
- Analizar o desenvolvemento da sociedade da información para toda a cidadanía e, en especial, no que respecta ás mulleres, ás persoas con discapacidade, ás persoas maiores e aos colectivos con risco de exclusión, e promover liñas de actuación que potencien a súa incorporación e permanencia activa en condicións de igualdade efectiva.
- Avaliar e servir de elemento para a definición de políticas públicas en materia de sociedade da información e modernización da Administración.