O mercado B2C en España aumenta un 19,8%.

Data: 
05/11/2012

O ONTSI achega unha nova actualización dos indicadores destacados da Sociedade da Información. Entre as principais novidades destaca que o mercado B2C no conxunto do Estado no 2011 medrou un 19,8% en relación ao 2010, o que supón 2,4 puntos máis que no exercicio anterior.

En agosto de 2012, estimouse que o mercado de telefonía móbil perdeu 226.268 liñas   segundo fontes da CMT, acumulando a perda de 1,31 millóns de liñas neste ano. Por outro lado, a contratación de banda larga sumou 2.270 liñas, cun total de 11,3 millóns de liñas e un crecemento interanual do 3,5%, o que supón un nivel de penetración de 24,4 liñas por cada 100 habitantes.

Poden consultarse os indicadores na seguinte ligazón