Sector TIC

O emprego no Hipersector TIC galego crece un 2,5% no último ano e roza os 30.000 traballadores

  • En Galicia existen 4.189 empresas galegas dos sectores TIC e de contidos, 91 máis que no ano anterior e que representan preto do 5% do total español
  • As exportacións no ano 2024 aumentaron a máis de 207 millóns de euros no Hipersector TIC
  • O investimento en innovación do Hipersector TIC ascende a máis de 193 millóns de euros, case trinta máis que o ano anterior
  • O Valor Engadido Bruto superou os dous mil douscentos millóns de euros. Aumentou máis de 270 millóns no último ano

As persoas tituladas en carreiras STEM en Galicia rexistran una taxa de ocupación superior ao 92% nos dous primeiros anos tras finalizar os estudos

  • As persoas egresadas en Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría ou Matemáticas presentan taxas de ocupación dous puntos por riba da media rexistrada no Sistema Universitario Galego
  • O tempo medio para atopar un traballo destes titulados é de 4,2 meses fronte aos 6,5 dos que completaron outros estudos
  • Máis do 80% dos contratos das persoas tituladas en STEM é indefinido aos cinco anos de rematar os estudos
  • Tres de cada catro empresas TIC declaran dificultades para contratar perfís cualificados.

O Hipersector TIC galego incrementa un 13% o valor das súas exportacións nun ano

  • O sector de contidos e o tecnolóxico sumaron 136 millóns de euros en exportacións en 2023 fronte aos 120 do ano anterior
  • O incremento débese en boa medida ao impulso na fabricación de computadoras, equipos periféricos e produtos electrónicos de consumo
  • En 2023, Galicia contaba con 4.098 empresas do Hipersector TIC en Galicia que empregaban xa en 2024 a máis de 29.000 persoas, un 1,9% máis que en 2023

O sector tecnolóxico galego supera, por primeira vez, os 23.000 empregados e acada un valor engadido bruto de 1.800 millóns de euros

  • O  sector continúa a senda de crecemento dos últimos anos e mantén a quinta posición estatal en número de empresas con máis de 3.100
  • Crece o uso das tecnoloxías intelixentes, encabezadas pola Intelixencia Artificial, presente xa en preto do 39% das empresas TIC
  • O volume de negocio do sector tecnolóxico  supera xa os 3.700 millóns de euros
  • Máis do 76% das empresas tecnolóxicas reiteran as dificultadas para contratar profesionais especializados.

Catro de cada cinco empresas tecnolóxicas de Galicia utilizan software libre

  • Máis da metade das empresas tecnolóxicas declaran que adoitan usar máis este tipo de produtos que o de uso privativo
  • O 47,3% das empresas tecnolóxicas que venden aplicacións ofertaron software libre en 2023
  • Os produtos máis ofertados en software libre son para a xestión de contidos de páxinas web e marketing dixital, aplicacións para dispositivos móbiles e xestión de negocio

O volume de exportacións do hiperserctor TIC galego supera os 120 millóns de euros, o importe máis alto desde 2017

 
  • O valor engadido bruto (VEB) do Hipersector TIC galego aumenta un 1,4% no último ano e sitúase, por primeira vez, por riba os dous mil millóns de euros
  • O investimento en innovación do Hipersector TIC galego aumenta en máis de 46 millóns de euros no último ano, un 38,8% máis que o ano anterior

O sector tecnolóxico galego supera a cifra das 3.000 empresas e crea máis de 1.000 novos postos de traballo no último ano

  • O emprego no sector TIC en Galicia medrou un 5,1% no último ano, acadando os 21.803 traballadores en 2022
  • Galicia conta con 3.020 empresas tecnolóxicas, que representan o 4,5% do total a nivel estatal 
  • O valor engadido bruto do sector TIC galego supera os 1.740 millóns de euros e roza o 3% do PIB galego
  • O 40,1% das empresas TIC desenvolveron actividades de I+D+i durante os 3 últimos anos e destas, o 76,3% obtivo resultados comercializables

O sector tecnolóxico galego xerou 4.000 postos de traballo nos últimos cinco anos

  • Roza xa os 23.000 empregos directos na Comunidade e mantense no quinto posto do Estado en número de empresas con 3.140 
  • O volume de facturación do sector TIC galego foi de preto de 3.700 millóns de euros, 450 millóns máis que o ano anterior
  • Increméntase o uso das tecnoloxías disruptivas coa Internet das Cousas (IoT) á cabeza, seguida do Big Data e a Intelixencia Artificial
Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades