O emprego no Hipersector TIC galego crece un 2,5% no último ano e roza os 30.000 traballadores

imaxe para hipersector tic 2026
Data
10/05/2026
  • En Galicia existen 4.189 empresas galegas dos sectores TIC e de contidos, 91 máis que no ano anterior e que representan preto do 5% do total español
  • As exportacións no ano 2024 aumentaron a máis de 207 millóns de euros no Hipersector TIC
  • O investimento en innovación do Hipersector TIC ascende a máis de 193 millóns de euros, case trinta máis que o ano anterior
  • O Valor Engadido Bruto superou os dous mil douscentos millóns de euros. Aumentou máis de 270 millóns no último ano

O Hipersector TIC galego, integrado polo sector TIC e o sector contidos, pechou o ano 2025 con 29.815 traballadores, un 2,5% máis que o ano anterior. Tamén creceu o número de empresas, o Valor Engadido Bruto, as exportacións e os gastos en innovación. Son datos recollidos no estudo “Galicia dixital. O Hipersector TIC en Galicia”, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

O incremento no emprego rexistrouse tanto no sector TIC coma no sector contidos que  actualmente contan, respectivamente, con 23.993 (+2,2%) e 5.822 (+3,4%) traballadores . A fortaleza do Hipersector TIC maniféstase tamén no continúo crecemento no número de empresas. Ao final do ano 2024, Galicia contaba cun total de 4.189 empresas, 91 máis que o ano anterior e que supoñen o 4,8% do total estatal.  

Peso do Hipersector  TIC na economía galega

O valor engadido bruto (VEB) do Hipersector TIC galego aumentou un 8,2% no último ano, ao crecer  máis de 270 millóns. 
No sector TIC, o VEB achégase aos 2.000 millóns de euros, cun crecemento do 9,6% no último ano, aumentando en máis de 170 millóns de euros. O sector contidos permanece practicamente nas mesmas cifras do ano anterior cun valor engadido bruto de 284.313 euros.

Exportacións

No ano 2024, as exportacións do Hipersector TIC superan por primeira vez os 200 millóns de euros. 

As exportacións do subsector TIC creceron nun 56,3% no 2024. En termos absolutos destacan as actividades informáticas coma “Fabricación de equipos de telecomunicacións” (+38,12 millóns), “Fabricación de compoñentes electrónicos” (+11,81 millóns) e “Fabricación de produtos electrónicos de consumo” (+10,96 millóns). En canto ao sector contidos, a actividade que máis aumenta a facturación é “Edicións de libros”.

Innovación

O gasto en innovación no Hipersector TIC galego ascendeu en 2024 a máis de 193 millóns de euros e aumenta en case 30 millóns (+17,5%). Este dato inclúe o investimento en Galicia, sen ter en conta a sede social da empresa.

As empresas do Hipersector TIC con sede en Galicia gastaron case 111 millóns en I+D en 2024, 20 millóns máis ca en 2022.

 

Temática
Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades