Seniors dixitais. Edición 2024.

Fonte
OSIMGA
Data
2025
portada seniors 25

O informe Seniors Dixitais difunde os datos da enquisa estrutural aos fogares que desenvolve anualmente o Instituto Galego de Estatística, analizando os usos dixitais das persoas a partir dos 65 anos, comparándoos co resto da poboación.

Usos de internet

O uso de internet entre os galegos e galegas maiores de 74 anos creceu máis dun 30% no último ano e xa o emprega case un terzo destes usuarios . Con este incremento Galicia supera, por primeira vez a cifra das 100.000, persoas usuarias da rede nesta franxa de idade, e constata a progresiva incorporación do colectivo das persoas maiores ao uso da tecnoloxía.

O uso de internet entre as persoas de 65 e 74 creceu un 13,5% nun ano. Ademais, o documento sinala que máis de 60.000 persoas desta franxa de idade se incorpor

Máis do 17% das persoas maiores de 74 anos realizan compras en liña, un 50% máis que hai tres anos e no tramo de 65 a 74 anos, a cifra sitúase en preto do 26%.

Cerca dun 65% das persoas de entre 65 e 74 anos e máis do 40% dos maiores de 74 anos fan uso da administración dixital para realizar as súas xestións.

Outras das  actividades máis habituais do internautas seniors son a busca de información sobre produtos ou servizos, as chamadas e videochamadas –usadas polo 86,9% das persoas de 65 a 74 anos e polo 79,5% das maiores de 74–, así como a lectura de noticias, xornais e revistas en liña.

Dispositivos e conexión
Hai un incremento no uso de dispositivos electrónicos: o 83,4% das persoas de 65 a 74 anos emprega smartphone, mentres que no grupo de maiores de 74 a cifra alcanza o 43,1%. Máis dun terzo das persoas entre 65 e 74 anos usa ordenador, fronte a un 11% no caso dos maiores de 74.

En canto á conexión a internet nos fogares, o 67,6% que teñen residentes maiores de 74 anos dispoñen xa de internet, un 7,1% máis que no ano anterior. Ademais, máis do 78% destes fogares contan con velocidades iguais ou superiores a 30 Mbps.

A análise tamén pon de manifesto diferenzas segundo o sexo: mentres que no tramo de 65 a 74 anos o acceso a internet é practicamente idéntico entre homes e mulleres, a partir dos 74 anos a fenda amplíase, con 34,2% de internautas homes fronte ao 26,1% de mulleres.

 

Documentos
Anexo Tamaño
Informe. Seniors dixitais 2024. 3.12 MB

Categoría
Cidadanía
Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades