Rapaciñ@s dixitais. Edición 2023

Data
2024
portada do informe de rapaciños

O informe Rapaciñ@s dixitais elabórase mediante información do módulo de novas tecnoloxías da enquisa estrutural aos fogares, que desenvolve anualmente o Instituto Galego de Estatística (IGE), e vai dirixida á poboación máis moza, á de 5 a 15 anos. Para coñecer a dixitalización deste colectivo, a información foi proporcionada polos adultos titores e trata sobre acceso a teléfonos móbiles, uso de tablets e ordenadores, frecuencia de uso de internet e actividades realizadas na internet. Engádese información da mesma enquisa sobre equipamentos dos fogares nos que residen rapaciñ@s e tamén datos de fontes secundarias, sobre equipamentos nos centros educativos.

Equipamentos no fogar

Os fogares galegos con estudantes en idade escolar obrigatoria sitúanse por riba da media en equipamento tecnolóxico e conexión a internet. O 94,8% destes fogares dispón de ordenador, máis de 20 puntos por riba do resto,  e un 65% conta de tablets, netbooks e outros dispositivos portátiles, a 30 de distancia dos fogares sen nenos. En canto á contratación de internet, a practica totalidade dos fogares con nenos e nenas (99,8%) conta con este servizo, superando en máis de sete puntos a media da comunidade.

Acceso a internet

O informe sinala que en 2023 o 82,8% dos rapaces de 5 a 15 anos accederon algunha vez a internet. Por idades, máis do 94,2% dos nenos e nenas de 10 a 15 anos empregan internet mentres que entre os máis pequenos, os de 5 a 9 anos, a porcentaxe de uso de internet sitúase no 67%. 

En canto ao tipo de actividade que desenvolven na rede, 8 de cada dez nenos de 5 a 15 anos acceden para xogar ou descargar xogos (78,3%), escoitar ou descargar música (75,4%), ver series, películas ou programas baixo demanda (67,2%) ou usar mensaxeira instantánea (56,7%).

Ademais, o 92,6% dos nenos e nenas de 5 a 15 anos en Galicia que usan internet, utilizan portais ou sitios web educativos para comunicarse cos profesores.

Educación dixital

No curso 2022-2023, Galicia situouse no segundo posto a nivel estatal na ratio de porcentaxe de centros con plataformas virtuais de aprendizaxe, mellorando a media estatal en 17,3 puntos porcentuais. Tamén supera á media do conxunto do Estado de aulas dotadas de sistemas dixitais interactivos en 7,6 puntos porcentuais, rozando o 70%, o que sitúa á Comunidade no cuarto posto estatal
.
Ademais, Galicia ocupa o quinto lugar en porcentaxe de centros educativos con velocidade de conexión superior a 100 Mbps, superando á media do Estado en máis de 22 puntos porcentuais.
No curso 2022-2023, Galicia situouse no sexto posto a nivel estatal na ratio de alumnos por ordenador nos centros educativos ao dispoñer dun ordenador por cada 2 alumnos, só superada por Navarra, País Vasco, Estremadura, Cantabria e Cataluña. A media estatal sitúanse en 2,6 alumnos por ordenador.
 

Documentos
Anexo Tamaño
Informe. Rapaciños dixitais 2023 8.2 MB

Categoría
Cidadanía
Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades