O software libre nas empresas TIC de Galicia en 2023

Fonte
OSIMGA
Data
2025
portada software libre nas empresas tic

Dispoñibilidade e uso do software libre nas empresas TIC de Galicia

No ano 2023, a dispoñibilidade do software libre nas empresas TIC galegas acada o 84,6% con este tipo de licenza instalado nos seus equipos informáticos, sexan ordenadores persoais ou servidores, mantendo así unha tendencia estable no último ano.

O hábito de usar prioritariamente o software libre sobre o privativo, nas empresas que teñen este tipo de solucións, sitúase por riba do 55% do sector TIC no ano 2023. O 55,3% empregan máis este tipo de software que o privativo nos seus equipos informáticos, sexan ordenadores persoais ou servidores.

As aplicacións libres con maior implantación nas empresas galegas seguen a ser os navegadores de internet, as aplicacións ofimáticas libres e xestores de correo electrónico, todos eles con máis do 50%.

As empresas TIC galegas como provedoras de solucións libres

No 2023, a porcentaxe de empresas TIC que ofertaron produtos ou servizos de software acada o 50,7%. Nas empresas de 3 a 9 empregados/as é máis habitual que se oferte produtos ou servizos de software, co 57,6%.

Os produtos de software que máis habitualmente ofertan as empresas TIC son: “Xestión de negocio (ERP, CRM, BI, Xestión documental)” (61,4%), “Sistemas, servizos de virtualización, servidores e aplicacións na nube” (61,2%) e “Xestión de contidos, páxinas web, e marketing dixital” (59,6%).

Entre as empresas TIC que ofertan cada clase de licencia de software, a metade ou máis ofertan a modalidade de licenza libre en 7 dos 13 casos analizados: e-learning (70,4%), e-comerce (65,5%) aplicacións para dispositivos móbiles (61,1%), outros (58,6%), xestión de contidos, páxinas web e márketing dixital (58,4%), ferramentas de xestión de proxectos (51,6%) e produtos ou aplicacións de Intelixencia Artificial (50%).

No caso das ferramentas de e-learning, hai máis empresas que ofrecen solucións libres ca privativas.

Debilidades e fortalezas do Software Libre

As razóns polas que as empresas afirman non contar con máis software libre son principalmente a percepción de que “Non ofrecen as prestacións necesarias” (36,5%), seguido da opinión da “Falta de provedores ou soporte” (32,4%).

O principal motivo polo que as empresas non ofrecen produtos baseados en solucións libres é que non está na liña de negocio da empresa.

A maioría dos usuarios perciben a o custe do software libre como principal vantaxe, pero o resto da súas cualidades quedan bastante distanciadas na valoración.

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades