Administración

Máis do 84% dos concellos emprega software libre no seu equipamento tecnolóxico

  • Máis do 51% das entidades municipais contan con aplicacións libres nos ordenadores e máis do 46% nos servidores
  • As aplicacións de sistemas de información xeográfica, obras, urbanismo e contratación son nas que máis usan as licenzas libres
  • Tres de cada catro concellos demanda formación en software libre para os seus empregados

Crece máis dun 8% o uso da sede electrónica, que rexistrou 1,4 millóns de trámites en 2023

  • Preto de medio millón de galegos e galegas empregaron esta canle para as súas xestións coa Administración autonómica o pasado ano
  • A carpeta cidadá rexistrou máis de 4,5 millóns de visitas, un 5% máis que o ano anterior
  • O portal web da Xunta recibiu 13 millóns de visitas en 2023 e os seguidores en redes sociais creceron preto dun 25%, superando os 3 millóns de persoas

Os concellos galegos con sede electrónica creceron un 25% nos últimos seis anos, ata acadar prácticamente a totalidade

  • Un 97% das entidades municipais contan cun portal de transparencia, o que implica un crecemento do 2,4% con respecto a 2021
  • Dous de cada dez concellos galegos dispoñen de sistemas de Internet das Cousas para xestionar dotacións como o alumeado público, o rego ou o subministro de auga
  • Un 25,9% dispoñen de servizos de computación na nube

A estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizou cerca de 900 millóns de euros dende a súa posta en marcha en 2021 ata finais de 2023

  • Case 230 millóns corresponden a capital privado e os investimentos públicos foron de fondos propios da Xunta e da Unión Europea
  • A configuración dunha Administración dixital máis eficiente, máis personalizada e máis accesible a través de tecnoloxías de alto impacto sumou investimentos de máis de 183 millóns de euros

O observatorio da Sociedade da Información analizará o nivel de dixitalización das persoas maiores e o uso do galego nas TIC

  • Son os novos informes que publicará o OSIMGA ao longo desta anualidade
  • O director da Axencia para a Modernización tecnolóxica presidiu esta semana o pleno anual do Observatorio, no que se deu a coñecer o seu plan de traballo 2023
  • Ademais, o organismo contará con novas ferramentas dixitais e audiovisuais de consulta e difusión de datos
Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades