A Unión Europea consolida a súa estratexia de innovación tecnolóxica no horizonte 2020

Data: 
21/05/2013

No contexto da estratexia Europa 2020 establécense as prioridades no ámbito científico e tecnolóxico, co obxectivo de crecer e mellorar a competitividade mediante a incorporación das TIC á investigación e ao intercambio do coñecemento.
A colaboración, a creatividade e a reutilización da información son algúns dos factores clave recollidos no informe “Digital Science in Horizon 2020”, que sitúa Internet e os recursos dixitais no centro das políticas de crecemento da Unión Europea.
A conexión entre todos os axentes no ámbito científico e da I+D resulta fundamental para xerar valor engadido e acadar as prioridades establecidas pola Unión Europea para este ano 2013, centradas nos seguintes aspectos:
1. Acceso aberto á información científica.
2. Participación da cidadanía e dos axentes sociais no ámbito científico e tecnolóxico, con especial énfase na incorporación da mocidade na investigación e o desenvolvemento.
3. Coordinación dos programas de I+D no marco da Unión Europea na procura da excelencia.
4. A consolidación dun sistema científico global interconectado, con sensibilidade nos asuntos relacionados co cambio climático, a crise económica e a eficiencia enerxética, entre outros factores que condicionan a igualdade social e o equilibrio territorial.
Ao fío do indicado neste informe, o Centro Demostrador TIC acolle o vindeiro xoves 23 de maio unha sesión informativa sobre as axudas estatais a proxectos de I+D no sector das TIC:
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/6860/centro-demostrador-tic-acolle-xoves-unha-sesion-informativa-sobre-axudas-estatais
Pode consultarse o informe “Digital Science in Horizon 2020” na seguinte ligazón:
http://ec.europa.eu/information_society/newsroom/cf/dae/document.cfm?doc_id=2124