As redes sociais ofrécense como escaparate para os autónomos en Galicia

Data: 
07/02/2013

Os datos facilitados polo OSIMGA no informe “A Sociedade da Información e os autónomos de Galicia” indican que un 23,2% dos autónomos con conexión a Internet dispón de páxina web e o 16,1% ten unha presenza activa nas redes sociais, superando a media do conxunto de microempresas galegas neste indicador (12,9%).

Por sectores de actividade, as empresas de servizos administrativos e auxiliares dispoñen dunha maior presenza nas redes sociais, co 35% dos casos. A interacción cos clientes e as facilitades de comunicación facilitan a presenza dos autónomos na Internet a través das redes sociais, aínda que o seu nivel de penetración é limitado.

Así mesmo, obsérvase unha importante fenda dixital en canto á dispoñibilidade de páxina web se comparamos os sectores de actividades profesionais, científicas e técnicas e o sector industrial, cun nivel de penetración en torno ao 35%,  fronte ao sector da construción ou da automoción e o comercio que non acadan o 15%.

Pode consultarse o informe de autónomos na seguinte ligazón: