O sector tecnolóxico galego creou preto de 1.400 postos de traballo no 2021, o incremento máis elevado dos últimos cinco anos

Data: 
03/04/2022
  • A porcentaxe de persoas ocupadas no sector creceu un  7,2% no último ano, acadando os 20.740 empregados
  • Galicia conta con 2.961 empresas TIC, un 2,2% máis que en 2020, o que a sitúa quinta no ranking estatal por número de empresas tecnolóxicas
  • O valor engadido bruto (VEB) do sector TIC galego supera aos 1.700 millóns de euros e supón o 2,69% do PIB galego
  • A aplicación de tecnoloxías disruptivas incrementouse significativamente nas empresas galegas no último ano
  • A máis extendida é o IoT (Internet das Cousas), presente no 34% das tecnolóxicas galegas, seguida polo Bussines Intelligence que aplican máis do 28% das empresas do sector  e o Big Data presente nun 22,5% e en máis dun  50% nas empresas de 10 o ou máis empregados
  • Respecto ao comercio online, una de cada tres empresas do sector venderon os seus produtos ou servizos a través da Rede e supón o 56% do seu volume de negocio
  • O 30,2% das empresas TIC levaron a cabo actividades de I+D+i durante os 3 últimos anos, e destas, o 70% obtivo resultados comercializables

O sector tecnolóxico galego creou 1.397 postos de traballo en 2021, un 7,2% máis que o ano anterior, o que supón o incremento máis elevado dos últimos cinco anos cun total de 20.740 empregados.  Galicia, con 2.961 empresas TIC, un 2,2% máis que no 2020, é a quinta Comunidade Autónoma por número de empresas tecnolóxicas que xa achegan máis de 1.700 millóns de Valor Engadido Bruto á economía galega, o 2,69% do PIB galego, segundo o último dato dispoñible de 2019.
Son parta das cifras que analiza o estudo “Empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia. Edición 2021”, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito a Amtega, en base aos últimos datos rexistrados do sector e a unha enquisa específica, onde se recollen os indicadores asociados a este Sector.

Tecnoloxías Dirsruptivas

A tecnoloxía disruptiva con máis presenza nas empresas TIC galegas é a Internet das Cousas (34,2%). Os sensores, etiquetas RFID ou IP, cámaras para a mellora do servizo e os medidores, lámpadas, e termóstatos intelixentes son os sistemas ou dispositivos que máis se utilizan no sector TIC galego.

O 28,7% das empresas TIC galegas utiliza ou incorpora aos seus produtos ou servizos Bussiness Inteligence e o 24,2% emprega Chatbots. Cabe salientar que os Chatbots tiveron un crecemento relativo do 44,9% pasando do 16,7% que acadou no 2020 ao 24,2% no 2021.

O 22,5% das empresas TIC galegas analizan Big Data e xa superan o 50% cando se trata de empresas de 10 ou máis empregados. Entre as empresas que utilizaron Big Data, o 34,4% utilizou un método de  aprendizaxe automática ou machine learning. Así mesmo, máis do 21% das empresas TIC galegas utilizan ou incorporan aos seus produtos ou servizos Intelixencia artificial. O 16,6% das empresas TIC emprega a realidade virtual e o 13,8% a Impresión 3D.

A utilización de Robótica nas empresas TIC galegas aínda é incipiente. O 8,8% das mesmas utiliza robots, das cales o 62,9% utiliza robots industriais.

Conectividade, Xestión Empresarial e Presenza en Internet

A porcentaxe de empresas TIC que conta con conexións a internet de máis de 100 Mbps acada o 81,6%, case un 7% máis que o ano anterior. A tecnoloxía de acceso a Internet máis contratada é a fibra óptica (72,3%), crece un máis dun 32% no último ano.

O 82,1% das empresas TIC galegas interactuaron coas Administracións Públicas a través de Internet e o uso da sinatura dixital xa está presente no 70,9% das empresas TIC galegas.

No último ano, a dispoñibilidade de páxina web entre as empresas TIC galegas incrementouse nun 9,5%, situándose no 86,5%, mentres que a súa presenza nas redes sociais incrementouse un 17,6%  superando o 50%.

Os servizos de Cloud Computing afiánzanse no Sector TIC galego e son empregdos polo  o 58,7% de empresas TIC, un 6,9% máis ca o ano anterior. 

Con respecto ao comercio electrónico, o 84,9% das empresas TIC en Galicia fixo compras de bens ou servizos a través de Internet, o que supón un incremento do 13,2% respecto ao ano anterior. O 31% das empresas TIC galegas venderon os seus produtos ou servizos a través da Rede e o peso das súas vendas respecto do seu volume de negocio foi do 56%.

Actividades de I+D+i e Formación en TICs

Case un terzo das empresas TIC galegas (30,2%) levaron a cabo actividades de I+D+i durante os 3 últimos anos. Un 70% destas empresas obtivo resultados comercializables

O 34,3% do sector desenvolveu accións formativas tecnolóxicas para o seu persoal. Unha de cada catro empresas TIC galegas ten interese en formar en tecnoloxías disruptivas como Intelixencia Artificial ou Big Data.

Ciberseguridade

O 22,6% das empresas galegas dedicadas ás TIC sufriu un incidente de seguridade no último ano. Os intentos de estafa aumentan o peso no último ano ata o 59,3%, superando aos virus informáticos cun 30,5% de empresas afectadas.

Todos os informes e documentos do OSIMGA distribúense libremente na Rede baixo licenza Creative commons e están dispoñibles na web do Observatorio:  www.osimga.gal.
 

Localización: 
Galicia