O sector dos videoxogos reduce o seu volume de facturación en España

Data: 
18/03/2013

A Asociación Española de Distribuidores e Editores de Software de Entretemento (aDeSe) publica o "Balance económico da industria dos videoxogos 2012", no que achega os datos correspondente ao consumo anual de videoxogos no conxunto do Estado.

O volume de facturación do sector dos videoxogos durante o ano 2012 acadou os 822 millóns de euros, o que supón un 16% menos que o ano anterior. Este descenso nas ventas atribúese á perda de poder adquisitivo por parte dos consumidores, ao valor do mercado, á piratería e á redución da capacidade de consumo, que afecta principalmente ao segmento de hardware e consolas (-20%), pero tamén ao software (-14%) e aos periféricos (-9%).

aDeSe sitúa a España entre os catro principais mercados do ranking europeo por volume de consumo a pesar de reducirse a súa facturación anual. Así mesmo, augura unha progresiva incorporación de novos modelos de comercialización, tanto na canle física como online, que irán dotando ao sector dunha maior versatilidade e protección fronte aos riscos da piratería. 

Pode consultarse o informe na seguinte ligazón.