O Pleno anual do OSIMGA presenta o balance de xestión e o plan de traballo para o ano 2013

Data: 
16/04/2013

O Pleno realizou no día de onte unha avaliación do estado da Sociedade da Información en Galicia, a través dos datos estatísticos e proxectos máis relevantes desenvolvidos no marco da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal achegados polo OSIMGA. Por primeira vez, incorporáronse ao plenario a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as organizacións sindicais con representación na Xunta de Galicia. 
Entre as principais novidades destaca o acordo co Instituto Galego de Estatística (IGE), para optimizar a recollida de información dos datos relativos á Sociedade da Información nos fogares galegos, que permitirá un aforro de máis de 50.000 euros nos orzamentos anuais do OSIMGA.
No ano 2013, realizaranse novos informes temáticos sobre a “Incidencia no uso das TIC da presenza de xóvenes no fogar” e un estudo sobre a “Situación laboral das Enxeñarías Informáticas en Galicia”, que se suman aos estudos e informes realizados anualmente pola OSIMGA na súa web www.osimga.org. O número medio mensual de visitas a esta páxina triplicouse dende o ano 2010, superando as 5.000 visitas ao mes.
No pleno presentáronse os seguintes documentos:
Memoria Osimga, ano 2012
Estado da Sociedade da Información. Principais datos estatísticos, ano 2012

Balance da Axenda Dixital 2014.gal, anos 2009 – 2012