Incrementa a porcentaxe de ofertas de emprego no ámbito das TIC en relación a outros sectores de actividade

Data: 
19/06/2013

Adecco Profesional e Infoempleo publican a cuarta edición do “Informe Carreiras con máis saídas profesionais” correspondente ao ano 2012. 
O informe destaca que as enxeñarías vinculadas co ámbito das TIC manteñen a súa escala ascendente nos últimos sete anos, incrementando preto de 10 puntos porcentuais a demanda de profesionais do sector TIC por parte do mercado laboral. Neste período, pasouse do 4,75% ao 13,4% das ofertas de emprego para titulados universitarios.
Os titulados universitarios lideran un ano máis a oferta de emprego cualificado no conxunto do Estado, pois representan o 61% do total e incrementan a súa demanda en 12 puntos porcentuais en relación ao ano 2011 (49%).
No ano 2012 estímase que Galicia concentrou o 6,71% das ofertas de emprego para titulados universitarios, fronte ao 5,42 do ano anterior, segundo fontes de Adecco.
O coñecemento de idiomas consolídase como un elemento cada vez máis demandado de cara á incorporación dos titulados universitarios ao mercado laboral. Un 32,23% das ofertas de emprego requiren o dominio de idiomas. Entre elas, o 89,65% indican inglés, o 9,14% francés e o 7,17% o alemán.
Poden consultarse os principais resultados do informe na seguinte ligazón:
http://www.adecco.es/_data/NotasPrensa/pdf/473.pdf