A Fundación Orange destaca o avance de Galicia no desenvolvemento da Sociedade da Información

Data: 
27/06/2013

A Fundación Orange publica unha nova edición do Informe eEspaña, con datos recollidos ao longo do ano 2012 a partir do INE e Eurostat.
Pode verse o acto de presentación do informe eEspaña 2013 no seguinte vídeo:
http://www.youtube.com/watch?v=GNT4KBKa14w&feature=youtu.be

 
O informe elaborado pola Fundación Orange refírese á Axenda Dixital 2014.gal, desenvolvida dende o ano 2010, como marco de referencia para a modernización dixital de Galicia. Neste senso, identifícanse máis de 1.400 proxectos orientados a mellorar as infraestruturas de telecomunicacións, facilitar a inclusión dixital da cidadanía, modernizar a administración electrónica, incrementar a incorporación de tecnoloxía nas empresas e fomentar o investimento e o desenvolvemento do sector TIC.
Galicia superou no ano 2012 a media estatal no uso de teléfono móbil como ferramenta de acceso a Internet por parte da cidadanía, cun nivel de penetración do 48,7% fronte ao 44,1% do conxunto do Estado. Galicia tamén destacou no uso da eAdministración, ao situarse como segunda Comunidade Autónoma na obtención de información da páxina web da Administración por parte do 66,4% dos individuos enquisados.
A converxencia con España e Europa nos indicadores TIC avanzou dun xeito notable no caso das empresas galegas de 10 ou máis traballadores/as no ano 2012, superando a medida estatal na dotación de ordenadores (99,4%), no acceso a Internet (98,8%) e na interacción coas administración públicas para a obtención de información (75,1%) e a devolución de impresos cumprimentados (69,9%).
Pode consultarse o informe completo na seguinte ligazón:
http://www.proyectosfundacionorange.es/docs/eEspana_2013_web.pdf