Eurostat publica o balance anual sobre o uso da administración electrónica

Data: 
30/12/2013

Eurostat publica o balance do ano 2013 sobre o uso de Internet e da administración electrónica na Unión Europea.
Un 44% dos usuarios españois utilizaron Internet como medio de comunicación coas administracións públicas durante o ano 2013, o que supón 3 puntos porcentuais máis que a media da Unión Europea, situada no 41%.
 
  

O servizo máis demandado polos usuarios da administración electrónica é o pagamento de taxas e servizos públicos, que iguala a media europea co 44% dos usuarios.
O envío de formularios cumprimentados por vía telemática acada o 34% no conxunto do Estado, superado unicamente por Luxemburgo, o que supón 13 puntos máis que a media europea neste indicador.
Poden consultarse os resultados deste informe na seguinte ligazón:
http://epp.eurostat.ec.europa.eu/statistics_explained/index.php/Internet_use_statistics_%E2%80%93_individuals