O Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI) achega un estudo estratéxico sobre as vantaxes da implementación do Goberno Aberto nas administracións públicas.
O estudo supón un manual de boas prácticas e recomendacións que incorpora un catálogo de iniciativas desenvolvidas a nivel internacional e autonómico. Entre elas inclúe o programa Abert@s, posto en marcha pola Xunta de Galicia dentro do marco normativo formado polo Decreto 198/2010, do 2 de decembro, que regula o desenvolvemento da Administración Electrónica e o Decreto 201/2011, do 13 de outubro, que regula a presenza da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico de Galicia na Internet.
Abert@s é o portal que impulsa a apertura de datos en todos os organismos do sector público en Galicia (Open Data) e que promove a reutilización da información do sector público (RISP) como exemplo de transparencia, participación e colaboración cidadá.
http://abertos.xunta.es/a-reutilizacion-de-datos
Pode consultarse o contido deste estudo na seguinte ligazón.