A CMT presenta unha nova análise xeográfica dos servizos de banda larga a escala municipal

Data: 
01/08/2013

O informe xeográfico elaborado pola CMT inclúe datos actualizados sobre a evolución do mercado de banda larga a nivel estatal e municipal, correspondentes a decembro de 2012.
As conexións activas de banda larga en redes fixas acadaron os 11,52 millóns de liñas, o que supón un incremento anual do 3,2%. O nivel de penetración situouse nas 24,9 liñas por cada 100 habitantes, cun aumento inferior a unha liña por cada 100 habitantes en relación ao ano anterior.
A análise municipal da CMT recolle a distribución dos accesos segundo o volume demográfico dos concellos e o tipo de operadores.
Identifícase un incremento da cota de mercado de Telefónica nos concellos menos poboados, alcanzando o máximo nivel de penetración nos concellos de menos de 10.000 habitantes e inferiores, onde supera o 65% das contratacións de banda larga. En Madrid e Barcelona, así como nos concellos máis poboados gañan presenza os operadores alternativos, que manteñen niveis similares no conxunto dos concellos que contan con máis de 50.000 habitantes.
 

 

A cartografía facilitada pola CMT recoñece que os maiores niveis de penetración de banda larga en Galicia están concentrados nas dúas provincias occidentais, así como na mariña lucense. O ámbito urbano e a súa contorna próxima rexistran unha maior porcentaxe de accesos de banda larga condicionada polo seu volume demográfico, especialmente naqueles concellos situados no Eixo Atlántico.
 
 

Pode consultarse o informe xeográfico na seguinte ligazón:
http://www.cmt.es/c/document_library/get_file?uuid=274775c0-156d-4044-b073-f462df73899f&groupId=10138