O software libre nos concellos de Galicia. Edición 2023.

Fonte
OSIMGA
Data
2025
Portada software libre en los ayuntamientos

O informe do software libre nos concellos elaboráse en base a unha enquisa dirixida a todos os concellos de Galicia que se realiza cada dous anos mediante formularios electrónicos. OSIMGA deseña a enquisa e a oficina eConcellos colabora coa realización do traballo de campo.  Os resultados que se presenta foron recollidos a finais de 2023 e os primeiros meses de 2024.

O 84,1% dos concellos dispón de software libre nalgún equipo informático, ben nos ordenadores de usuario, ben nos seus servidores. O software libre ten maior implantación nas aplicacións de ordenador, coas que contan o 51,5% dos concellos, mentres que nos servidores, as aplicacións libres atópanse no 46,4% das entidades locais.

Uso de software libre nos concellos

Respecto ao uso do software libre segundo o tipo de aplicación, o informe sinala que nos antivirus a maioría é privativo (75,2%), mentres que o 37,3% de concellos dispón de navegadores só de licenza libre e o 31% conta, tamén, cun xestor de correo electrónico exclusivamente libre.

No que respecta ás aplicacións especializadas nas distintas áreas e funcións municipais, nas que máis está presente o software de licenza libre é en sistemas de información xeográfica (47,1%), obras (37,3%), urbanismo (37,1%) e contratación (35,1%).

O 52,5% dos concellos de Galicia que contan con xestor de contidos de portais e páxinas web opta polo software de licenza libre e o 57,6% dos dispoñen de portal corporativo con documentos descargables, emprega exclusivamente estándares abertos.

O futuro do Software Libre nos concellos

En canto ás razóns para non implantar este tipo de software, o argumento que apunta o 36,8% dos concellos é a complexidade ou risco de cambio.

Cómpre destacar que a principal acción que se demanda dende os concellos para a promoción do software libre é a formación aos usuarios nesta materia, concretamente o 74,1% das entidades locais, se interesan por esta capacitación.


A maioría dos concellos opina que o Software Libre manterá o uso que posúe na actualidade, alo menos durante os próximos dous anos. 
 


Categoría
eAdministración
Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades