As universidades españolas teñen informatizados o 78% dos procesos de xestión universitaria e a metade dos elementos que soportan os procesos de administración electrónica xa están implantados.
As TIC proporcionan soporte á docencia presencial, de maneira que a metade das aulas están equipadas cun proxector multimedia e ofrecen a todos os seus estudantes conexión a Internet. As universidades poñen ao dispor dos seus estudantes ao redor de 80.000 computadores, o que supón un cociente de case 1 computador para cada 10 estudantes. Ademais, o 90% do PDI e dos estudantes xa utilizan a plataforma de docencia virtual institucional.
Os investigadores universitarios están dotados dos medios técnicos TIC que necesitan para investigar. A este respecto, o indicador que máis medra é o uso de ferramentas de traballo colaborativo que xa alcanza ao 80% do PDI.
Dúas de cada tres universidades xa alcanzaron o obxectivo de dispor do nivel de accesibilidade para discapacitados recomendable para a súa web institucional (AA ou AAA).
Tres de cada catro universidades dispoñen dun repositorio de contidos e o 90% das universidades dispoñen dun datawarehouse ou están en vías de implantación do mesmo.
O informe tamén indica que a metade das universidades dispoñen dun plan estratéxico das TIC aliñado coa estratexia institucional. Outro dato positivo é que seis de cada dez universidades comparten recursos TIC con outras universidades. O 90% das universidades dispoñen dun orzamento propio e diferenciado para as TIC.
Informe Universitic