Un estudo analiza as vantaxes e os riscos da hiperconectividade da mocidade na Internet

Data: 
24/05/2013

A Fundación Telefónica e a Fundación Encuentro publican “Los jóvenes en la era de la hiperconectividad: tendencias, claves y miradas”.
O estudo describe un novo escenario tecnolóxico caracterizado polo uso do smartphone, as redes sociais e a mensaxería instantánea, nomeadamente o WhatsApp, por parte da mocidade. O principal obxecto de análise céntrase nas consecuencias da hiperconectividade, derivada dun uso xeralizado da tecnoloxía por parte da mocidade, que modifica os hábitos sociais e condiciona a forma de relacionarse con outras persoas e a súa formación educativa.
Pode consultarse o estudo na seguinte ligazón