Un de cada catro usuarios utiliza aplicacións de e-saúde por recomendación médica

Data: 
16/12/2013

O informe IPSOS Socialogue mostra o nivel de uso de aplicacións electrónicas no ámbito da saúde e da mellora física en 27 países de todo o mundo.
No conxunto do Estado, un 26% dos usuarios consultados afirma que o persoal sanitario recomendoulle a utilización de aplicacións electrónicas para realizar o seguimento da súa saúde. As diferenzas de xénero son mínimas, cun 28% de homes en relación ao 25% de mulleres.
O grupo de idade que realiza un maior uso de aplicacións de e-saúde por recomendación médica ten menos de 35 anos (o 29% dos enquisados) cun nivel de estudos avanzados e de ingresos alto (28% e 48% respectivamente).
Cómpre destacar que noutros países europeos a porcentaxe de usuarios recomendados polo persoal sanitario no uso desta tecnoloxía é menor. Como é o caso de Francia, co 17%; Alemaña, 13%; Bélxica, 12%; Reino Unido, 9%; ou Italia co 8% neste indicador. 
Poden consultarse os resultados do informe na seguinte ligazón:
http://www.ipsos.es/socialogue