Telefónica recolle a opinión dun foro de expertos sobre o uso das TIC na saúde persoal

Data: 
13/09/2013

A Fundación Telefónica publica o informe “TIC e saúde persoal”, que conta coa colaboración dun grupo de expertos en diferentes ámbitos da e-Saúde en España.
O informe recolle as achegas realizadas no ámbito do sistema público e privado de saúde, o emprendemento, a informática, a medicina, a regulación, a comercialización de servizos de saúde, tendencias e novos produtos dispoñibles no mercado.
Nos primeiros capítulos facilítase unha relación de dispositivos para a monitorización, o diagnóstico e o tratamento sanitario, entre as que destacan aquelas aplicacións e periféricos dispoñibles para os teléfonos intelixentes iPhone.

 

 
Pode consultarse o informe completo na seguinte ligazón:
http://www.fundacion.telefonica.com/es/arte_cultura/publicaciones/add_descargas?doc=TIC%20y%20salud%20personal&pdf=media/publicaciones/tic_y_salud_personal.pdf&type=publicacion&code=231