A Asociación Multisectorial de Empresas AMETIC e o Foro TIC para la Sostenibilidad publican o informe "Smart Cities 2012", que recolle unha análise sobre o proceso de transformación urbana na Sociedade da Información e presenta a figura das "cidades intelixentes" como unha oportunidade de negocio para as empresas do sector TIC.
Entre as recomendacións achegadas no informe destacan as orientadas aos poderes públicos e á industrial TIC. Para o sector TIC estas entidades aconsellan o seguinte:
1. Realizar un seguimento das diferentes convocatorias de axudas públicas no período 2014 - 2020: as tecnoloxías de enerxía, transporte e TIC aplicadas ás Smart Cities gozarán dun trato preferente nas políticas públicas de apoio á innovación desenvolvidas pola Unión Europea ata o ano 2020.
2. Procurar alianzas coas cidades que aposten por desenvolver experiencias piloto neste eido e fomentar a creación de redes interurbanas: os proxectos demostradores xogarán un papel protagonista nas políticas públicas de impulso das Smart Cities e as empresas do sector TIC deben estar ben posicionadas para buscar novas oportunidades de negocio.
3. Fomentar o ambiente multidisciplinar nos proxectos desenvolvidos polas empresas do sector TIC de cara á colaboración con empresas do sector da enerxía e do transporte principalmente.
4. Desenvolver novos modelos de colaboración público - privada orientados á cooperación e á I+D na procura de lograr un crecemento intelixente e sostible no marco da Unión Europea.
A nivel estatal, a Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI) supón un exemplo da colaboración e da comunicación existente entre as diferentes administracións locais. Desta rede forman parte actualmente as cidades galegas de Lugo e A Coruña.
Pode consultarse o informe "Smart Cities 2012" na seguinte ligazón:
http://www.ametic.es/download/documents/Informe_Smart_Cities.pdf
Rede Española de Cidades Intelixentes:
http://www.redciudadesinteligentes.es
Data:
17/04/2013