SERES achega un novo informe sobre a facturación electrónica nas empresas de todas as Comunidades Autónomas, titulado “Comparativa de facturación electrónica en España 2009 – 2012”.
No ano 2012 identifícase unha concentración do uso da e-factura nas empresas de Cataluña e a Comunidade de Madrid, así como unha redistribución porcentual do volume de empresas que emiten e reciben facturas electrónicas no conxunto do Estado dende o ano 2009.
O volume de facturas electrónicas emitidas polas empresas galegas incrementa 0,5 puntos porcentuais a súa representatividade no conxunto do Estado, pasando do 1,37% de 2009 ao 1,87% de 2012. Este incremento tamén se identifica na recepción de facturas por parte das empresas galegas, que incrementa 1,82 puntos en relación ao ano 2009.
Cadro: Volume de facturas - Recepción
SERES estima que as empresas galegas que utilizaron factura electrónica no ano 2012 representan un 6,24% do conxunto do Estado, o que supón unha redución de 0,68 puntos nos tres últimos anos. Pola contra, incrementa a representatividade das empresas galegas que reciben facturas electrónicas, pasando do 6,22% de 2009 ao 7,05% de 2012 no conxunto estatal.
Pode consultarse o resumo executivo na seguinte ligazón:
http://es.groupseres.com/mwsjml/images/stories/Zona_de_Prensa/Estudios_de_Mercado/2012-ESTUDIOS_SERES-Comparativa_de_facturacion_electronica_2009-2012.pdf