Retail 2015: empresas de distribución e consumo na era da disrupción

Data: 
21/02/2015

O consumidor está adquirindo novos hábitos na búsqueda e compra diaria de produtos, tanto en entornos online como físicos, e isto está obrigando ás empresas de distribución e consumo a transformar os sus modelos de negocio e as súas estratexias de relación cos consumidores. As novas exixencias converxerán con alguns cambios que terán un efecto disruptivo no negocio de retail: un novo modelo para a tenda física, transformacións tecnolóxicas e importantes cambios na nova xeneración de consumidores.
Sofisticación da tenda física: punto de compra e de experiencia.
O 68% dos enquisados asegura ter utilizado a tenda física como unha forma de ver, coñecer e probar os produtos para, logo, realizar a compra on line - do webroom ao showroom-. Por tanto, o formato de tenda deberá evolucionar cara a un novo modelo de tenda física más sofisticada e personalizada, como punto de encontro da compra online/ offline e un lugar onde o consumidor poida vivir unha experiencia diferencial. Trasladando isoto ao noso entorno, España é un dos países con máis tendas por habitante, polo qie se enfronta a un importante reto en relación coas tendas físicas, e a medida que o comercio electrónico avance haberá que analizar oseu  portafolio e determinar o número de tiendas necesarias.

Redes sociais e móbil
Por outra parte, a tecnoloxía marcará dous dos cambios que terán efectos disruptivos sobre a industria. Por un lado, o uso que os consumidores fan das tecnoloxías móbiles e, por outro, o posible impacto nas vendas das interaccións entre usuarios e marcas nas redes sociais.
A tecnoloxía móbil (teléfonos móbiles, smartphones e tabletas) converteronse nunha ferramenta clave en diferentes momentos do proceso pre-compra como, por exemplo, na búsqueda de produtos (49%), na comparativa de precios con outros competidores (49%), na localización de tendas (31%) ou no uso de cupóns promocionais (25%). É fundamental aproveitar todo o seu potencial para atraer, captar e fidelizar ao consumidor.

O documento tamén analiza o uso do móbil como medio de pago e conclúe que, neste caso, o seu uso é aínda limitado. Só o 3% o califica como a súa forma de pago preferida por detrás das tarxetas de crédito –40%–, as de débito –28%– ou o pago en efectivo –20%–. Non obstante, un 47% recoñece ter usado o seu móbil, nalgunha ocasión, para realizar compras. A desconfianza nos medios de pago móbiles continúa sendo o principal freno para os consumidores ás hora de facer uso deste canal nas súas compras. Neste sentido, aínda que máis da metade dos enquisados  –53%– lles gusta recibir ofertas e cupónss no seu teléfono móbil, o 66% está preocupado porque lle poidan hackear a súa tarxeta de crédito.
 
Informe completo