Publicado o informe anual dos contidos dixitais do ONTSI

Data: 
04/12/2012

O ONTSI presenta o “Informe Anual dos Contidos Dixitais en España 2011” (Edición 2012), que mostra os principais datos de facturación dunha actividade que agrupa o sector dos videoxogos, a música, o cine e o vídeo, o audiovisual, as publicacións e a publicidade dixital.

No ano 2011 a industria dos contidos dixitais reduciu un 4,2% a súa facturación en relación ao exercicio anterior, acadando os 8.553 millóns de euros segundo indican fontes do ONTSI.

O sector audiovisual xerou o maior volume de ingresos, cun 43,6% do total, o que supón máis de 3,7 millóns de euros no 2011. A inversión publicitaria en Internet é  a única actividade que resiste a contracción da facturación, acadando os 899 millóns de euros, cun incremento interanual do 12,6%.

Pode consultarse o informe completo na seguinte ligazón