Publicada a cartografía da Estratexia Europea 2020

Data: 
06/02/2013

O proxecto titulado “Spatial Indicators for a Europe 2020 Strategy Territorial Analysis” (SIESTA) realiza un seguimento dalgúns indicadores establecidos na Axenda Dixital para Europa no marco da Estratexia Europea 2020 a través do Programa ESPON. O Anexo E, centrado na Sociedade Dixital, ilustra a dimensión territorial a escala autonómica (NUTS 2) de varios indicadores, como é o caso do volume de emprego no sector TIC, a xeración de patentes, a contratación de banda larga, o comercio electrónico e o nivel de uso do ordenador nos 27 países da Unión Europea.

A cartografía elaborada no proxecto SIESTA mostra o desequilibrio territorial existente entre o norte, o sur e o leste da Unión Europea en materia dixital. Recoméndase a complementariedade da Axenda europea cos demais programas da EU2020 como “Innovation Union”, “Youth on the Move” e a “Agenda for New Skills and Jobs”, así como aquelas iniciativas que aposten pola converxencia europea, a cohesión territorial e as melloras nas comunicacións internas.

Pode consultarse o documento correspondente á Sociedade Dixital na seguinte ligazón.