ONTSI publica un estudo sobre o nivel de implantación do eGoberno

Data: 
14/02/2013

O “Estudio de la demanda y uso de Gobierno Abierto en España”, afirma que o 81,4% dos enquisados reclama a creación de canles axeitadas para facilitar a participación cidadá na xestión dos recursos públicos. Máis do 70% consideran que a transparencia e a participación mellora a eficiencia das administracións públicas e facilita a confianza nos gobernos.
Os datos achegados polo ONTSI informan que o 65,2% dos cidadáns que utilizan a administración electrónica valora positivamente este servizo público, destacando a comodidade e a redución de custos. En termos xerais, un 84% dos usuarios confía nas páxinas web institucionais para buscar información e realizar trámites.
En Galicia rexístrase un reducido volume de visitas nas páxinas web institucionais (o 58,8% dos enquisados) en relación ao conxunto do Estado segundo indica o ONTSI. Un 66,4% dos usuarios das páxinas institucionais en Galicia afirman que realizaron algún tipo de trámite administrativo no último ano.
Pode consultarse o informe completo na seguinte ligazón: